15 de junio de 2020

RETO SEMANAL 12

Moi bos días a todas as familias de infantil!
Pasiño a pasiño, chegamos a final de curso. Este será o derradeiro luns que compartiremos convosco as nosas suxerencias semanais... Finalizando así un camiño que comezamos xa no mes de marzo!

Agardamos que todas estas propostas vos serviran de apoio na vosa espléndida tarefa de continuar conectados co cole, animando aos nenos nesta inesperada e difícil etapa.

De novo, moitas grazas pola vosa participación, interese e dedicación nas tarefas realizadas.
As profes despedímonos ata o curso que vén, non sen antes desexarvos unhas felices vacacións.

Embarcádevos no derradeiro reto semanal.

Os nosos mellores desexos:

AS PROFES DE INFANTIL


No hay comentarios:

Publicar un comentario