E agora sí que sí, chegou o momento de nos despedir.
De sentirnos máis preto que nunca a pesar do distanciamento.
De buscar a felicidade no cotián... e atopala!
De expremer a nosa imaxinación para seguir en contacto.
De perder a vergonza e gañar en ilusión.
Velaquí a nosa despedida! Dicimos adeus ao curso 2019-2020 cunha estraña sensación, pero coa certeza de que foi un curso que trouxo moitas e inesperadas aprendizaxes. Emocionalmente, somos máis fortes que nunca. E seguiremos unidos a pesar do distanciamento.
MOITAS GRAZAS POR TODO
Desfrutade do verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario