25 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 9

Moi bos días a todas as familias de infantil!
Comeza unha nova semana, e pasiño a pasiño xa levamos compartido con vós 9 retos con propostas diferentes. Animámosvos a seguir participando, enviando e compartindo con nós as vosas fotos e os vosos vídeos realizando as actividades que vos deixamos. É a nosa maneira de seguir sendo partícipes do día a día dos vosos fillos e fillas!

Coma sempre, mandámosvos unha morea de bicos e os nosos mellores desexos para esta nova semana que empeza.

AS PROFES DE INFANTIL


19 de mayo de 2020

O noso cole MÓVESE!

O profe Martín quere compartir con todos vós o vídeo que elaborou con todas as aportacións dos nenos e nenas que se animaron a participar neste divertido reto de movemento.

Luces, cámara, acción!


RETO: A maxia do galego

Moi bos días a todas as familias!
Como xa sabedes, é moi positivo que dende moi cativos os nenos se familiaricen con ambas linguas oficiais de Galicia, xa que está demostrado que o bilingüismo dende idades temperás permite que os nenos teñan unha maior facilidade futura para aprender novos idiomas. 

Dende o blogue da biblioteca nos achegan un reto divertido para realizar neste mes de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas. É un reto moi sinxelo, perfecto para realizar cos nenos de infantil! 

PREME NA IMAXE PARA IR AO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Animádevos a participar!

AS PROFES DE INFANTIL

18 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 8

Moi bos días a todas as familias!
E moi bo inicio de semana a todos vos. De novo, coma cada luns, achegámosvos estas propostas recén saídas do forno para que afrontedes a semana con enerxía e ganas de emprender retos novidosos.

Agardamos que vos gusten e vos motiven, e coma sempre esperamos que nos enviedes fotos, vídeos e documentos varios onde se vexa a participación dos cativos nas diferentes propostas semanais. Animádevos!

Os nosos mellores desexos:

AS PROFES DE INFANTIL


11 de mayo de 2020

O CEIP Sárdoma Moledo segue a moverse!

Moi boas tardes ás nosas familias de infantil!

Como xa sabedes, a psicomotricidade xoga un papel fundamental no desenvolvemento infantil. Nestes tempos de confinamento, a práctica de exercicio físico tivo un papel protagonista para axudar aos nenos a manter o equilibrio emocional, evitar tensións e liberar enerxía. 
Agora os nenos teñen máis tempo e espazo para xogar, e por iso e dende o seu blogue, o profe Martín solicita que lle enviedes fotos ou pequenos vídeos dos cativos realizando actividade física (podedes aproveitar fotos realizando as nosas propostas de psicomotricidade presentes nos retos, ou ben calquera outro momento de xogo activo do neno). 

PREME NA IMAXE PARA VISITAR O BLOGUE DO PROFE MARTÍN

Enviade as fotos ou vídeos á direción de correo electrónico: