18 de marzo de 2015

Excursión ao zoo

Hoxe xoves, os nenos e nenas de infantil marchamos de excursión ao zoolóxico. Levábamos varios días con ilusión a que chegase o día, e por fin chegou o día.
Saída do cole e subida ao autobús.

                           
                         
  
Entrada ao zoo



Vimos un montón de animais e paseamos todos contentos.
Estos son algúns dos animais que vimos.















 Ao rematar de ver os animais fomos a xogar un pouquiño ao parque.


Pásalo moi ben e gustounos un montón!!!






8 de marzo de 2015

Máscaras de Maruja Mallo

Este trimestre fixemos un cadro galego moi chulo. Son dúas máscaras cunhas mariposas na cabeza.


Versión Orixinal






Así foi como nos quedou a nós. Pasámolo estupendamente facendo estas máscaras.

3 de marzo de 2015

Obradoiros de Arte

O profe Diego fixo algúns obradoiros de arte cos nenos e nenas de infantil.
Podedes mirar algúns das obras que fixemos con el.

Bandera de Italia








Partenón de Grecia










   Así foi como fixemos algúns obradoiros, quedáronos moi bonitiños.

13 de febrero de 2015

Entroido 2015

O xoves, o día previo o desfile fixemos unha festa de maquillaxe. As profes maquillaron os pequenos, e quedaron así de guapos.




  
                                               
                     


Este ano o noso entroido foi dedicado a Europa, disfrazámonos dos distintos países que temos no noso continente.

 
                                   Os nenos/as de 3 anos disfrazámonos de romanos






                                   Os nenos/as de 4 anos disfrazaronse de holandeses

                                           

                               



                               


             

                                            Os nenos/as de 5 anos disfrazaronse de sevillanos





                                          


22 de enero de 2015

Son Xan

Hoxe veunos a visitar unha contacontos para contarnos a historia de Xan.
Xan era un neno que se alimentaba moi mal, pois almorzaba pasteliños cada mañá. Era un neno que estaba sempre canso, non tiña enerxía nin forzas para xogar.
Un día coñeceu a Xana no parque. Ela era unha nena todo o contrario a Xan. A Xana gustáballe moito a froita, almorzaba tódolos días froita variada e ela si que tiña forzas e enerxía para comezar o día.
Xana preguntoulle a Xan que lle pasaba porque o via moi canso, entón díxolle que probara un pouco de froita  posto que a ela axudáballe moito. E así foi como Xan probou o melón, a sandía, a mandarina, a banana... Xan finalmente deuse conta de que estaba boísima a froita, e o máis importante de todo foi que xa tiña enerxía para xogar cos demais nenos e nenas. Empezou a sentirse moito mellor grazas as vítaminas das froitas.



                                   






Tanto os/as nenos/as como os/as profes gustounos moitísimo. Rimos e pasámolo xenial!!! Moitas grazas Raquel.