Xan era un neno que se alimentaba moi mal, pois almorzaba pasteliños cada mañá. Era un neno que estaba sempre canso, non tiña enerxía nin forzas para xogar.
Un día coñeceu a Xana no parque. Ela era unha nena todo o contrario a Xan. A Xana gustáballe moito a froita, almorzaba tódolos días froita variada e ela si que tiña forzas e enerxía para comezar o día.
Xana preguntoulle a Xan que lle pasaba porque o via moi canso, entón díxolle que probara un pouco de froita posto que a ela axudáballe moito. E así foi como Xan probou o melón, a sandía, a mandarina, a banana... Xan finalmente deuse conta de que estaba boísima a froita, e o máis importante de todo foi que xa tiña enerxía para xogar cos demais nenos e nenas. Empezou a sentirse moito mellor grazas as vítaminas das froitas.
Tanto os/as nenos/as como os/as profes gustounos moitísimo. Rimos e pasámolo xenial!!! Moitas grazas Raquel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario