18 de junio de 2014

Portadas obradoiro de arte

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos estas portadas para levar os nosos cadros de arte. Quedaronos moi diferentes coa axuda da profe Mimí. Estos peixiños fixemolo con estampacións das nosas mans, quedaron moi divertidos e pasamolo xenial manchándonos.







17 de junio de 2014

Festa da piscina

Este ano como novidade as profes de infantil fixemos unha festa da piscina estupenda para os nosos rapaces. Os nenos e nenas bañaronse e pasarono xenial. Que fresquiños que estivemos, ademais de que tamén tomamos o sol no xardín.








                               

Que ben pasámolo!!!! Grazas profes e Suso.

17 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana do día das letras galegas traballamos os nenos e nenas de infantil "A miña palabra favorita en galego é..."
Os cativos durante a semana fixeron pequenos exercicios relacionados co autor que se conmemora este ano Xosé María Díaz Castro.
Tamén fixeron os profes encargados desta conmemoracións pequenos vídeos cos nenos/as. O venres 16 viron os videos na biblioteca. Viron dous vídeos un relacionado coa miña palabra favorita e outro que lles encantou da canción "Ledo". Podedes ver o video proximamente no blog de música.


3 anos: 


4 anos:





5 anos:

 

7 de mayo de 2014

CONTACONTOS

Hoxe veunos a visitar unha contacontos, contounos a historia da "Pitiña amarela" e os seus amigos como a fada, a estrela, a lúa, o sol, o espello, etc. Gustounos un montón. Queremos que volva!!!!






Pasámolo xenial!!!

2 de mayo de 2014

A TORRE EIFFEL

A Torre Eiffel foi construida para a Exposición Universal de París de 1889. Esta cidade non levara a cabo ningún outro proxecto que puidese ocupar a dimensión e popularidade desta torre.
Nos seus oríxenes a Torre Eiffel fora denominada como a torre de 300 metros, a pesar de que en realidade, a Torre Eiffel conta con 324 metros de altura. A súa estructura foi elaborada a base de ferro forxado e o seu deseño foi levado a cabo polo enxeñeiro francés Gustave Eiffel, o cal tamén foi o creador da estructura metálica da Estatua da Liberdade de New York.
A partir da súa creación, a Torre Eiffel converteuse nun dous lugares máis importantes, xa que recibe a maior cantidade de visitantes a nivel mundial. A súa construcción deuse por rematada no mes de marzo de 1889, xusto no momento no que o seu creador, Gustave Eiffel, ascendeu polos 1.710 escalóns que ten a torre dende a súa base, ata chegar ao terceiro andar da devandita torre, na cal ondeou a bandeira de Francia. Para o seu 120 aniversario, a Torre Eiffel foi cuberta dunha nova capa de pintura de cor bronce, sendo a capa de pintura número 19 dende que a torre foi inaugurada.


  Rincones del mundo: La torre Eiffel


Os nenos e nenas de infantil quixemos facer os nosos propios debuxos da Torre Eiffel, aínda que os máis pequenos coloréamola.

3 anos



4 anos

5 anos