2 de mayo de 2014

A TORRE EIFFEL

A Torre Eiffel foi construida para a Exposición Universal de París de 1889. Esta cidade non levara a cabo ningún outro proxecto que puidese ocupar a dimensión e popularidade desta torre.
Nos seus oríxenes a Torre Eiffel fora denominada como a torre de 300 metros, a pesar de que en realidade, a Torre Eiffel conta con 324 metros de altura. A súa estructura foi elaborada a base de ferro forxado e o seu deseño foi levado a cabo polo enxeñeiro francés Gustave Eiffel, o cal tamén foi o creador da estructura metálica da Estatua da Liberdade de New York.
A partir da súa creación, a Torre Eiffel converteuse nun dous lugares máis importantes, xa que recibe a maior cantidade de visitantes a nivel mundial. A súa construcción deuse por rematada no mes de marzo de 1889, xusto no momento no que o seu creador, Gustave Eiffel, ascendeu polos 1.710 escalóns que ten a torre dende a súa base, ata chegar ao terceiro andar da devandita torre, na cal ondeou a bandeira de Francia. Para o seu 120 aniversario, a Torre Eiffel foi cuberta dunha nova capa de pintura de cor bronce, sendo a capa de pintura número 19 dende que a torre foi inaugurada.


  Rincones del mundo: La torre Eiffel


Os nenos e nenas de infantil quixemos facer os nosos propios debuxos da Torre Eiffel, aínda que os máis pequenos coloréamola.

3 anos



4 anos

5 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario