Que ben pasámolo!!!! Grazas profes e Suso.
"BUSCAMOS UNHA ESCOLA ONDE APRENDAMOS CONTAS PARA: SUMAR AMIGOS,MULTIPLICAR HORAS DE TRABALLO,DIVIDIR O MEU EN O NOSO E RESTAR HORAS DE TRISTURA"
17 de junio de 2014
Festa da piscina
Este ano como novidade as profes de infantil fixemos unha festa da piscina estupenda para os nosos rapaces. Os nenos e nenas bañaronse e pasarono xenial. Que fresquiños que estivemos, ademais de que tamén tomamos o sol no xardín.
Que ben pasámolo!!!! Grazas profes e Suso.
Que ben pasámolo!!!! Grazas profes e Suso.
17 de mayo de 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na semana do día das letras galegas traballamos os nenos e nenas de infantil "A miña palabra favorita en galego é..."
Os cativos durante a semana fixeron pequenos exercicios relacionados co autor que se conmemora este ano Xosé María Díaz Castro.
Tamén fixeron os profes encargados desta conmemoracións pequenos vídeos cos nenos/as. O venres 16 viron os videos na biblioteca. Viron dous vídeos un relacionado coa miña palabra favorita e outro que lles encantou da canción "Ledo". Podedes ver o video proximamente no blog de música.
3 anos:
4 anos:
5 anos:
7 de mayo de 2014
CONTACONTOS
Hoxe veunos a visitar unha contacontos, contounos a historia da "Pitiña amarela" e os seus amigos como a fada, a estrela, a lúa, o sol, o espello, etc. Gustounos un montón. Queremos que volva!!!!
Pasámolo xenial!!!
Pasámolo xenial!!!
2 de mayo de 2014
A TORRE EIFFEL
A Torre Eiffel
foi construida para a Exposición Universal de París de 1889. Esta cidade non levara a cabo
ningún outro proxecto que puidese ocupar a dimensión e popularidade desta
torre.
Nos seus oríxenes a Torre
Eiffel fora denominada como a torre de 300 metros , a pesar de
que en realidade, a Torre Eiffel conta con 324 metros de altura. A súa estructura foi elaborada a base de ferro forxado e o seu deseño foi levado
a cabo polo enxeñeiro francés Gustave Eiffel, o cal tamén foi o creador da
estructura metálica da Estatua da Liberdade de New York.
A partir da súa creación, a Torre Eiffel converteuse nun dous lugares máis importantes, xa que
recibe a maior cantidade de visitantes a nivel mundial. A súa construcción deuse
por rematada no mes de marzo de 1889, xusto no momento no que o seu creador,
Gustave Eiffel, ascendeu polos 1.710 escalóns que ten a torre dende a súa base,
ata chegar ao terceiro andar da devandita torre, na cal ondeou a bandeira de Francia. Para o seu 120 aniversario, a Torre Eiffel foi cuberta dunha
nova capa de pintura de cor bronce, sendo a capa de pintura número 19
dende que a torre foi inaugurada.

Os nenos e nenas de infantil quixemos facer os nosos propios debuxos da Torre Eiffel, aínda que os máis pequenos coloréamola.
3 anos
4 anos
5 anos
11 de abril de 2014
TRABALLOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Os nenos e nenas de infantil, fixemos unhas portadas moi chulas para os nosos traballos. Aquí podedes ver algunhas pequenas cousiñas que fixemos coa axuda das nosas profes.
Agora xa estamos de vacacións, e podemos descansar. Felices pascuas a todos e todas!!!
Agora xa estamos de vacacións, e podemos descansar. Felices pascuas a todos e todas!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




