15 de enero de 2013

EXPERIMENTOS



EXPERIMENTO 1: OVO DE GOMA


   Para facer este experimento só empregamos: vinagre, un ovo e un vaso.
  Poñemos o ovo dentro dun vaso cuberto de vinagre ...
  

                Esperamos 48 horas e...


     Pasado ese tempo o ovo convértese en un ovo que bota: increible,verdade!!!,
    Probalo en casa, é moi fácil de facer.
                              
EXPERIMENTO 2: TRABALLAMOS CON IMÁNS

                    Cos nen@s de 3 anos traballamos con imáns, gustoulles moito!!!
 

EXPERIMENTO 3: TINTA INVISIBLE


 Para facer este experimento empregamos:un  vaso, zume dun limón, bastoncillos e unha plancha.
Exprimimos o limón...

Botamos o zume de limón nun vaso...



 E escribimos a mensaxe secreta cun bastoncillo empapado en zume de limón ...



Despois damos calor a mensaxe e ....

 
Tras uns segundos dando calor, a mensaxe aparece por arte de maxía!!!!


10 de enero de 2013

2º TRIMESTRE


A TRABALLAR!!!!!!
     Comezamos facendo con plasti algúns obxectos importantes que se inventaron fai anos: móvil, calculadora, boli, despertador, reloxo... nolo pasamos moi ben!!!
 
Fixemos tamén un abanico romano moi chulo!!
 
 
 

 

8 de enero de 2013

COMEZAMOS...

       COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE...
          Como no primeiro trimestre seguimos cos inventos e inventores,  pero engadimos a realización de experimentos, polo que ao inicio do 2º trimestre tivemos a visita dunhas personaxes moi peculiares: LEONARDA (unha parruliña moi simpática que va a ensinar aos nen@s un montón de cousas sobre arte) e EINSTEIN (un científico un pouco tolo e con quen van a facer un montón de experimentos e aprender moitas cousas sobre inventos e inventores).

                                                     
                                  
 
 
       Tod@s @s nen@s do infantil quixeron facerse unha foto con Leonarda, Einstein e a caixa máxica onde hai sempre un montón de sorpresas....
 

21 de diciembre de 2012

NADAL 2012

 
 
CHEGOU O NADAL!!!!
       Neste tempo de Nadal, a nosa árbore e o Belén, tamén adicouse aos inventos e aos inventores, as figuriñas foron feitas coa axuda das familias, con moito agarimo e entusiasmo, polo que quedaron chulísimas!!!!.

 
 MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA COLABORACIÓN
        Nestas festas tamén quixemos recuperar unha figura mítica do Nadal galego: o Apalpador, que era un home xigante e boíño que baixaba ás aldeas o 25 de decembro e deixaba agasallos a tod@s @s nen@s.
 
         Outra actividade que fixemos cos nen@s foi recibir unha mensaxe personalizada de Papa Noel ou dos Reis Magos segundo elixeran, tiñades que ver as súas carillas, foi un día moi especial!!! Aquí vos deixo a páxina:
                                         www.navidadessorprendentes.com 
                                                   
       Hoxe é o gran día, pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada moi especial porque era o último día de clase antes das vacacións de Nadal e o festival estaba a punto de empezar, pero despois de prisas e moitos nervios todo saiu moi, moi  REQUETEBÉN!!!!!
            Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!!!.  Queremos felicitarvos a todos e todas polo ben que o fixechedes e polo voso comportamento.
            Xa sodes uns pro-fe-sio-nais. PARABÉNS!!!!!!
 
    Non quixeramos rematar sen adicar unha especial menxase a tod@s membros da comunidade educativa, deseándovos un...
 
 
 Aquí tedes o particular agasallo que os fan os vosos fill@s, esperamos que vos guste!!
 

 

 


19 de diciembre de 2012

PROXECTOS


Os proxectos


            Durante este trimestre levamos a cabo varios proxectos sobre diferentes inventores e inventos, dependendo  sempre dos intereses que tiñan @s nen@s de cada aula, e a verdade é que pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

           Ademáis dos proxectos tamén fixemos actividades relacionadas coas diferentes conmemoracións do trimestre: Magosto, Samaín e  Nadal.