21 de diciembre de 2012

NADAL 2012

 
 
CHEGOU O NADAL!!!!
       Neste tempo de Nadal, a nosa árbore e o Belén, tamén adicouse aos inventos e aos inventores, as figuriñas foron feitas coa axuda das familias, con moito agarimo e entusiasmo, polo que quedaron chulísimas!!!!.

 
 MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA COLABORACIÓN
        Nestas festas tamén quixemos recuperar unha figura mítica do Nadal galego: o Apalpador, que era un home xigante e boíño que baixaba ás aldeas o 25 de decembro e deixaba agasallos a tod@s @s nen@s.
 
         Outra actividade que fixemos cos nen@s foi recibir unha mensaxe personalizada de Papa Noel ou dos Reis Magos segundo elixeran, tiñades que ver as súas carillas, foi un día moi especial!!! Aquí vos deixo a páxina:
                                         www.navidadessorprendentes.com 
                                                   
       Hoxe é o gran día, pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada moi especial porque era o último día de clase antes das vacacións de Nadal e o festival estaba a punto de empezar, pero despois de prisas e moitos nervios todo saiu moi, moi  REQUETEBÉN!!!!!
            Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!!!.  Queremos felicitarvos a todos e todas polo ben que o fixechedes e polo voso comportamento.
            Xa sodes uns pro-fe-sio-nais. PARABÉNS!!!!!!
 
    Non quixeramos rematar sen adicar unha especial menxase a tod@s membros da comunidade educativa, deseándovos un...
 
 
 Aquí tedes o particular agasallo que os fan os vosos fill@s, esperamos que vos guste!!
 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario