15 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

Esta semana celebramos no colexio a semana da prensa, na que participaron todos os/as alumnos/as do centro, os maiores prepararon unha noticia de prensa para ler aos máis pequenos, foi moi interesante e lúdica.


9 de marzo de 2012

EXPERIMENTO: VOLCÁN EN ERUPCIÓN

Esta semana fixemos outro experimento, un "Volcán en erupción".

Que nos fai falta para realizar o experimento? Limón ou vinagre, unha botella pequena, auga, bicarbonato e pementón para darlle máis realismo.

O primeiro esprememos os limóns, e botámolos na botella que está dentro do volcán de cartón...

Despois engadímoslle un pouco de auga e o pementón para darlle a cor vermella da lava e revolvemos todo dentro da botella. A continuación ímoslle botando culleradas de bicarbonato ata que...




Prodúcese a reacción química, a "lava" xerada ascende polo colo da botella e esvara polas paredes do volcán...

Reacción química:
Vinagre-limón (Ácido) + bicarbonato sódico ---------> Dióxido de carbono + Auga + Acetato de sodio



4 de marzo de 2012

EXPERIMENTO!!!

Esta semana traballamos a contaminación, aproveitando este tema os nenos e nenas de infantil foron durante unhas horas pequeno científicos, comprobaron como flotan algúns materiais no auga e como se afunden outros.

Unha vez presentado o experimento e ensinado os materias cos que ían traballar, fixeron hipótesis, sobre cada material, e despóis poideron comprobalo por grupos...








APRENDENDO A ESCRIBIR O MEU NOME: