9 de marzo de 2012

EXPERIMENTO: VOLCÁN EN ERUPCIÓN

Esta semana fixemos outro experimento, un "Volcán en erupción".

Que nos fai falta para realizar o experimento? Limón ou vinagre, unha botella pequena, auga, bicarbonato e pementón para darlle máis realismo.

O primeiro esprememos os limóns, e botámolos na botella que está dentro do volcán de cartón...

Despois engadímoslle un pouco de auga e o pementón para darlle a cor vermella da lava e revolvemos todo dentro da botella. A continuación ímoslle botando culleradas de bicarbonato ata que...




Prodúcese a reacción química, a "lava" xerada ascende polo colo da botella e esvara polas paredes do volcán...

Reacción química:
Vinagre-limón (Ácido) + bicarbonato sódico ---------> Dióxido de carbono + Auga + Acetato de sodio



No hay comentarios:

Publicar un comentario