Esta foi a nosa chegada, primeiro contáronnos o que ibamos a facer.
Despois dividíronos en dous grupos, uns prantando leitugas e outros dando un paseo exterior, e viceversa.
Despois fomos a merenda...
E finalmente fomos a coñecer as distintas especies de prantas que tiñan nas instalacións.
Estivemos no estanque de prantas que flotaban e vimos unha rá.
Tamén coñecimos esta pranta que se chama papiro, coa que os exipcios facían o papel na antiguidade.
Mirade que planta máis grande, chámase "Ave do paraíso"
Fomos tamén a ver a zona zen, foi preciosa xa que tiña o seu encanto.
E o máis sorprendente foi os diferentes tipos de bambú. Tiñan de tres clases: bambú amarelo (o típico), bambú verde (máis gordiño e duro), e o bambú negro (máis delgadiño e suave).
En xeral, gústounos moito a excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario