16 de marzo de 2016

Visita a Fundación Sales

Hoxe estamos contentísimos porque fomos de excursión, esta vez visitamos a Fundación Sales, neste lugar había máis de 800 especies vexetais.

Esta foi a nosa chegada, primeiro contáronnos o que ibamos a facer.





Despois dividíronos en dous grupos, uns prantando leitugas e outros dando un paseo exterior, e viceversa.









Despois fomos a merenda...



E finalmente fomos a coñecer as distintas especies de prantas que tiñan nas instalacións.


Estivemos no estanque de prantas que flotaban e vimos unha rá.



Tamén coñecimos esta pranta que se chama papiro, coa que os exipcios facían o papel na antiguidade.


Mirade que planta máis grande, chámase "Ave do paraíso"



Fomos tamén a ver a zona zen, foi preciosa xa que tiña o seu encanto.




E o máis sorprendente foi os diferentes tipos de bambú. Tiñan de tres clases: bambú amarelo (o típico), bambú verde (máis gordiño e duro), e o bambú negro (máis delgadiño e suave).




En xeral, gústounos moito a excursión.

Mai lúa

Hoxe tivemos a visita especial de Mai Lúa, a chica que tocaba instrumentos étnicos. Ela contounos historias de diferentes animais e paisaxes africanos. Fíxonos viaxar a tantos lugares polo que nos gustou un montón. Aquí podedes ver algunhas das cousiñas que deleitamos.


                           








10 de marzo de 2016

Contacontos

Esta maña tivemos a visita dun contacontista, gustounos moito porque tocaba instrumentos.



E coma sempre pasámolo xenial!!!