A Torre Eiffel
foi construida para a Exposición Universal de París de 1889. Esta cidade non levara a cabo
ningún outro proxecto que puidese ocupar a dimensión e popularidade desta
torre.
Nos seus oríxenes a Torre
Eiffel fora denominada como a torre de 300 metros, a pesar de
que en realidade, a Torre Eiffel conta con 324 metros de altura. A súa estructura foi elaborada a base de ferro forxado e o seu deseño foi levado
a cabo polo enxeñeiro francés Gustave Eiffel, o cal tamén foi o creador da
estructura metálica da Estatua da Liberdade de New York.
A partir da súa creación, a Torre Eiffel converteuse nun dous lugares máis importantes, xa que
recibe a maior cantidade de visitantes a nivel mundial. A súa construcción deuse
por rematada no mes de marzo de 1889, xusto no momento no que o seu creador,
Gustave Eiffel, ascendeu polos 1.710 escalóns que ten a torre dende a súa base,
ata chegar ao terceiro andar da devandita torre, na cal ondeou a bandeira de Francia. Para o seu 120 aniversario, a Torre Eiffel foi cuberta dunha
nova capa de pintura de cor bronce, sendo a capa de pintura número 19
dende que a torre foi inaugurada.
Os nenos e nenas de infantil quixemos facer os nosos propios debuxos da Torre Eiffel, aínda que os máis pequenos coloréamola.
3 anos
4 anos
5 anos