No cole traballamos, o homenaxeado, a través de dez obradoiros rotativos, onde participou a totalidade do alumnado a través de grupos mixtos (desde nen@s de 3 anos ata 6º de primaria). Cada obradoiro tiña unha duración de 10 minutos.
Os obradoiros estaban encamiñados a coñecer un pouco máis a figura e obra deste autor tan polifacético.
No 1º obradoiro fixemos bolboretas a través de papiroflexia, xa que Roberto Vidal Bolaño, participou como actor na película: "A lingua das bolboretas".
No 2º obradoiro e seguindo un pouco coa temática da película fixeron un mosaico onde se representaba unha lingua e unhas bolboretas moi, moi fermosas!!!.
No 3º obradoiro xogamos ao aforcado empregando a poesía de "Touporroutou a onde vas nena?".
A esta poesía lle faltaban palabras-clave para que tivera sentido, sendo @s nen@s quen tiñan que adiviñar cales eran esas palabras.
Para os máis cativos (infantil) a actividade a facer era poñer as partes dun teatro cunhas series de etiquetas (pano, bambalinas, cuncha de apuntador, palco, bastidores...), xa que Roberto Vidal tamén foi moi importante na súa faceta teatral.
No 4º obradoiro tiñan que facer puzzles de diferentes graos de dificultade dependendo das idades, relacionados coa vida e obra do autor.
No 5º obradoiro escenificabase unha pequena obra de teatro "O sol e a Lúa", e despois facíanse marionetas (un sol ou unha lúa dependendo dos gustos de cada nen@).
No 6º obradoiro faciase un baile "A carrasquiña" (baile popular galego).
No 7º obradoiro empregamos diferentes sopas de letras empregando obras do autor para os máis grandes e para os máis cativos actividades de razoamento a través de diferentes cores e estados de ánimo
.
.
No 8º obradoiro fixose unha escenografía empregando papel continuo e xices de cores, os nen@s de infantil traballaron a través dun título: "A burla do galo".
E os nen@s de primaria se lles ofreceu unha sinopse da obra:"Rastros" e a partires dela tiveron que facer debuxos os máis creativos posibles.
No 9º obradoiro se xogaba as películas a través do linguaxe xestual.
E no 10º obradoiro xogamos a un xogo tamén popular galego: "A chave".
Cada grupo tiña un capitán, o cal levaba un colar circular colgado onde estaban representados os dez obradoiros. Cada vez que pasaban por cada un deses obradoiros, os profes tiñan que evaluar dous cuestións: que se falara en galego e que se rematara a actividade ben. Se isto ocurría pegabase un gomet no obradoiro correspondente, gañando o grupo que obtivera máis gomets.
Ao final os gañadores tiñan como agasallo unha sorpresa moi, moi especial!!!!!!
Ainda que o día non acompañou moito, pasamos un bo rato!!!!
(AS FOTOS D@S NEN@S PUBLICARANSE NA WEB DO COLE)
(AS FOTOS D@S NEN@S PUBLICARANSE NA WEB DO COLE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario