A cápsula de 3 anos:
A cápsula de 4 anos:
A cápsula de 5 anos:
Por fín @s nen@s de Infantil remataron a cápsula do tempo, a idea é enterrala e cando @s nen@s rematen primaria (6º) desenterrala e observar os cambios producidos neses anos.
Na cápsula introducimos diferentes obxectos traidos pol@s nen@s (chupetes, bonecos, xoguetes pequenos, libros, fotos, debuxos, roupa de cando eran máis cativ@s...) ; todos estes obxectos levaban o nome d@ nen@ para que no momento de sacar a cápsula cada nen@ sepa cal é o seu obxecto.
Nas cápsulas tamén introducimos diferentes actividades que fixemos no obradoiro.
1º Unha desas actividades foi facer unha compra on-line sobre algúns produtos básicos: auga, leite, pan, ovos, azucre, lentellas, tomate, fariña..., traballando os números cos máis pequenos (3-4 anos) e introducindo o concepto de decimal aos nen@s de 5 anos. Nesa mesma compra traballamos os € (euros) para poñer o total da compra...
2º Medimos e pesamos a cada nen@:
E cada curso fixo a súa ficha, observando o nen@ máis alto ou baixo da clase.
Esta actividade tamén foi introducida nas diferentes cápsulas:
3 anos:
5 anos:
3º E para rematar, fixemos un debuxo da nosa familia:
E un debuxo do que queriamos ser cando foramos maiores:
Esta actividade tamén foi introducida nas diferentes cápsulas do tempo:
3 anos:
4 anos:
5 anos:
Chegou o gran día!!! Por fín imos a enterrar as cápsulas, empezamos os de 3 anos (coas profes Diana e Feli), despois os de 4 anos (profe Mimi e Feli) e finalmente os de 5 anos (profe Rosi e Feli).
Foi un día inolvidable!!!!
3 anos:
4 anos:
5 anos: