18 de abril de 2013

CONTACONTOS EN SARDOMA


     Debido á conmemoración do día do libro, este ano tivemos a sorte de contar cos avós de Pablo, Xulio e Esther (alumno de 4 anos), que viñeron a contarnos unhas historias preciosas.

 


    O avó falounos da catrástrofe do Prestige que ocorreu fai case 11 anos e as súas vivencias como voluntarios recollendo chapapote nas Illas de Ons.

 
  
 
 
 
   Grazas a moitas persoas como eles conseguimos que as consecuencias non fosen máis catastróficas.


  A avoa contounos dous contos moi bonitos: "A carapuchiña vermella "e "A ratiña presumida", tod@s @s nen@s estaban abraiados cos seus relatos!!!!

 
        

                                          

                                       

1 comentario: