26 de abril de 2013

SEGUIMOS COS CONTACONTOS


    Esta semana tivemos a sorte de contar con Marta e Leire (nai e irmá de Xoana de 3 anos), contounos dous relatos preciosos que escribiu cando era unha cativa: "Hilo de papel" e "Un día escribí un cuento", foron realmente moi, moi bonitos!!!!!.

 




                           


 

   

25 de abril de 2013

O NIÑO DE INFANTIL


   Chegou a primavera e dende infantil decidimos ter un niño feito de madeira,  para que algún paxariño faga a súa casiña e poder observalo de preto.

 
   Para instalar o niño na árbore  pedimos a axuda de Suso, o conserxe, e a verdade e que quedou xenial!!!!.






                         
 

18 de abril de 2013

CONTACONTOS EN SARDOMA


     Debido á conmemoración do día do libro, este ano tivemos a sorte de contar cos avós de Pablo, Xulio e Esther (alumno de 4 anos), que viñeron a contarnos unhas historias preciosas.

 


    O avó falounos da catrástrofe do Prestige que ocorreu fai case 11 anos e as súas vivencias como voluntarios recollendo chapapote nas Illas de Ons.

 
  
 
 
 
   Grazas a moitas persoas como eles conseguimos que as consecuencias non fosen máis catastróficas.


  A avoa contounos dous contos moi bonitos: "A carapuchiña vermella "e "A ratiña presumida", tod@s @s nen@s estaban abraiados cos seus relatos!!!!

 
        

                                          

                                       

5 de abril de 2013


A CHEGADA DA PRIMAVERA NA CLASE DE 4 ANOS



Na nosa clase xa chegou a primavera e para celebralo fixemos un mural moi bonito con bolboretas, xoaniñas, formigas e flores e un arco da vella. Pasámonolo en grande coloreando e deixando o noso mural cheo de cores.







EDUCACIÓN VIAL



      
     Hoxe @s nen@s tivemos unha actividade onde as bicis, motos, coches e patíns foron os protagonistas. Pasamos un rato moi divertido!!!!!!.
 

                          Algúns nen@s fixeron de peóns coa axuda dos profes Uxio e Diana:
 

 
 
                                     
 
 
 
           
             Outros nen@s fixeron de policías e puseron o tráfico a raia:

 


 
 
                               E o resto conduciron polas rúas do cole: