Hoxe celebramos o día da Paz, @s nen@s de 3 e 5 anos fixeron unhas coroas preciosas e os nen@s de 4 anos uns colares preciosos que decoraron con palabras realcionadas coa paz ( amor, amizade, colaboración....).
Despois do recreo baixamos ás gradas e cada aula fixo un debuxo representando un invento bélico convertíndolo en algo pacífico, asi por exemplo:
- Os nen@s de 3 años fixeron unha pistola onde en vez de balas saían caramelos.
- Os nen@s de 5 anos fixeron unha bomba onde á explotar saían globos e lambonadas.
Todos os traballos foron expostos nun mural, que chulo quedou !!!!
A continuación fixemos unha roda con tod@s @s nen@s do cole e participamos en unha especie de xogo:" Unha aperta de....":Faciamos grupos de dous en dous e diciamos:
Isto é unha aperta,
Unha que????
Unha aperta de....... (Por ex. de amizade, de amigo, de amor..., cada un@ diciamos o que pensabamos nese momento).
Para rematar cantamos e bailamos a canción de Juanes: "Paz, paz, paz".
No hay comentarios:
Publicar un comentario