21 de diciembre de 2012

NADAL 2012

 
 
CHEGOU O NADAL!!!!
       Neste tempo de Nadal, a nosa árbore e o Belén, tamén adicouse aos inventos e aos inventores, as figuriñas foron feitas coa axuda das familias, con moito agarimo e entusiasmo, polo que quedaron chulísimas!!!!.

 
 MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA COLABORACIÓN
        Nestas festas tamén quixemos recuperar unha figura mítica do Nadal galego: o Apalpador, que era un home xigante e boíño que baixaba ás aldeas o 25 de decembro e deixaba agasallos a tod@s @s nen@s.
 
         Outra actividade que fixemos cos nen@s foi recibir unha mensaxe personalizada de Papa Noel ou dos Reis Magos segundo elixeran, tiñades que ver as súas carillas, foi un día moi especial!!! Aquí vos deixo a páxina:
                                         www.navidadessorprendentes.com 
                                                   
       Hoxe é o gran día, pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada moi especial porque era o último día de clase antes das vacacións de Nadal e o festival estaba a punto de empezar, pero despois de prisas e moitos nervios todo saiu moi, moi  REQUETEBÉN!!!!!
            Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!!!.  Queremos felicitarvos a todos e todas polo ben que o fixechedes e polo voso comportamento.
            Xa sodes uns pro-fe-sio-nais. PARABÉNS!!!!!!
 
    Non quixeramos rematar sen adicar unha especial menxase a tod@s membros da comunidade educativa, deseándovos un...
 
 
 Aquí tedes o particular agasallo que os fan os vosos fill@s, esperamos que vos guste!!
 

 

 


19 de diciembre de 2012

PROXECTOS


Os proxectos


            Durante este trimestre levamos a cabo varios proxectos sobre diferentes inventores e inventos, dependendo  sempre dos intereses que tiñan @s nen@s de cada aula, e a verdade é que pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

           Ademáis dos proxectos tamén fixemos actividades relacionadas coas diferentes conmemoracións do trimestre: Magosto, Samaín e  Nadal.





12 de diciembre de 2012

TRABALLOS

    Estamos rematando
      Neste primeriro trimestre os nen@s de infantil traballaron moito e aprenderon
 
moitas cousas, pero para mostra....
NenOS de tres anos 
   
  NenOS de catro anos
       NenOS DE CINCO ANOS
 

5 de diciembre de 2012

MUSEO LISTE


VISITAMOS O MUSEO LISTE
   Todos os nen@s de infantil fomos visitar o Museo Liste en Vigo e coñecimos un montón de cousas: a importancia do cultivo de pan de centeo, o carro e a roda, o paso das estacións, os oficios: penteiro, selleiro, albéitar…, chaves antigas, o tecido tradicional e os materiais e técnicas empregadas na fabricación das teas, especialmente o liño, a madeira, a luz, a mediciña tradicional, xogos populares e antigos… e moitas cousas máis que nos encantaron, o pasamos “pipa”.

Aquí tedes o enlace para coñecer un pouco máis este museo tan próximo a nós:                            http://www.museoliste.org/
                

9 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


      Preparados para o magosto?????
    Os nen@s de infantil fixemos un bolso-castaña estupendo coa axuda das nosas profes.
 
 

No cole recitamos una poesía moi bonita:
 
Como te chamas?
Comecastaña
Eu as como e ti as apañas
E de apelido?
Caldo cocido
E de segundo apelido?
Filloas con mel.
 
                                      E as profes nos contaron uns contos super chulos:

                               
        Queremos adicar unha especial mención as nais que estiveron pintando  aos  nen@s do cole e que o fixeron tan ben!!! 
                                            

                 
 

5 de noviembre de 2012

SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA



                              5 DE NOVEMBRO SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA


31 de octubre de 2012

SAMAIN 2012



Chegou o Samaín!!!!!!!!

           Os nen@s de infantil estamos preparados  para recibir o Samaín: fixemos chulas coas profes: Diana, Rosi, Mimí e Feli, estaban riquísimas!!! e ficamos coa barriga ben chea.

Así fixemos as chulas, estes son os ingredientes:








Mezclamos todos os ingredientes: 





@s nen@s remexeron todos os ingredientes:




Fritimolas nunha prancha...




... e este foi o resultado!!




E comémolas, estaban boísimas!





Despois de comer as chulas, baixamos ás gradas para apadrinar dúas árbores, escoitamos os conxuros que o profe Rafa e Peter recitaron en inglés e en galego. E por último,  xogamos a pescar a mazá coa boca que estaba dentro dunha tina chea de auga.














Ó final do día a profe Mimí deulles a cada un dos nenos un chupa-chups vampiro, feitos por eles mesmos coa axuda da profe.



                      Pasámolo xenial!!!

26 de septiembre de 2012

LEMA DO COLE

 ESTE ANO 0 LEMA DO COLE É “INVENTORES, INVENCIÓNS, DESCUBRIMENTOS E OUTRAS CREACIÓNS”.
  TOD@S @S NEN@S DE INFANTIL FIXEMOS NO OBRADOIRO O MURAL CORRESPONDENTE A NOSA CLASE:
-      @S NEN@S DE 3 ANOS SON A CLASE DE LU MEI (INVENTORA DO PARAUGAS).
 
                                                              
-      @S NEN@S DE 4 ANOS SON A CLASE DO CHUPA-CHUPS (O SEU INVENTOR ENRIC BERNAT).
                                          
           -      @S NENOS DE 5 ANOS SON A CLASE D@S COROMINAS (INVENTOR DA FREGONA).

18 de septiembre de 2012

CURSO 2012/2013


BENVIDOS O CURSO 2012/2013
ESTE ANO DAMOS A BENVIDA AOS NOVOS NEN@S DE 3 ANOS QUE EMPEZAN CON MOITA FORZA NO COLE. ANIMO !!!!

  

30 de mayo de 2012

Visita ó zoo

Na visita ó Zoo de "A Madroa" coñecimos moitos animais e os seus costumes, algúns xa os miráramos noutras ocasións pero outros eran descoñecidos para nós. Pasámolo en grande e aquí vos queda unha pequena mostra.



Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox