Estimadas Familias, Convidámosvos a celebrar con nós o festival do entroido, o próximo Venres 17 de febreiro, a partir das 11:45h no patio de gradas do colexio. O festival comezará cun desfile dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Posteriormente elixiremos ao Mr. E Miss Entroido 2012. Unha vez rematado o desfile de Miss e Mr, subiremos ao patio do comedor, onde podredes degustar os magníficos doces da “Sobremesa Multicultural”, a continuación, celebraranse unhas actuacións do alumnado de primaria, desfile dos mestres e mestras, e a realización de diferentes xogos populares, como o concurso de trompos. |
Durante toda a semana temos que prestarlle moita a atención aos "Mandadiños do Arlequín"......
O LÚNS:
CON DEZ CAÑÓNS POR BANDA,
VENTO EN POPA A TODA VELA,
NON CORTA O MAR, SENÓN VOA,
UN VELEIRO BERGANTÍN.................
PREPARA PARA O LÚNS................
UN MALETÍN
O MARTES:
BARCO PIRATA QUE CHAMAN,
POLA SÚA BRAVURA O TEMIDO,
EN TODO MAR COÑECIDO
DE UN AO OUTRO CONFÍN...............
NON TE ESQUEZAS E TRAE
COLGADO........................
UN CALCETÍN
O MÉRCORES:
A LÚA NO MAR RIELA,
NA LONA XEME O VENTO,
E ALZA EN BRANDO MOVEMENTO
ONDAS DE PRATA E AZUL;
E VE O CAPITÁN PIRATA,
CANTANDO LEDO NA POPA,
ASIA A UN LADO, NO OUTRO EUROPA;
E ALÁ NA SÚA FRONTE, ESTAMBUL..............
PREPARA UN PARCHE PIRATA
No hay comentarios:
Publicar un comentario