2 de noviembre de 2020

SAMAÍN 2020

 OS NENOS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXERON CON MOTIVO DO SAMAÍN UNHAS ARAÑAS E UNHAS CABAZAS QUE DESPOIS PUIDERON DEGUSTAR TODOS/AS XUNTOS/AS.

 


 



SAMAÍN 2020

OS NENOS/AS DE 5º DE EDUCACIÓN ELABORARON UNS MORCEGOS NO DÍA DE SAMAÍN, ADEMÁIS DE FACER OUTRO TIPO DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CONMEMORACIÓN DESE DÍA.


 


SAMAÍN 2020


 OS NENOS/AS DE 6º DE EDUCACION INFANTIL FIXERON UNHA RECEITA ESPECTACULAR: "PUDIN DE GUSANOS"  CON NATILLAS DE CHOCOLATE, GALLETAS OREO E GUSANIÑOS DE GOMINOLA... AQUÍ TEDES O RESULTADO!


19 de junio de 2020

Festa da auga virtual

E agora sí que sí, chegou o momento de nos despedir. 
De sentirnos máis preto que nunca a pesar do distanciamento.
De buscar a felicidade no cotián... e atopala!
De expremer a nosa imaxinación para seguir en contacto. 
De perder a vergonza e gañar en ilusión.

Velaquí a nosa despedida! Dicimos adeus ao curso 2019-2020 cunha estraña sensación, pero coa certeza de que foi un curso que trouxo moitas e inesperadas aprendizaxes. Emocionalmente, somos máis fortes que nunca. E seguiremos unidos a pesar do distanciamento.



MOITAS GRAZAS POR TODO

Desfrutade do verán!

Recomendacións Lectoras

O curso xa remata! E dende o blogue da nosa biblioteca escolar achegánnos unhas recomendacións lectoras para este verán. Mergulládevos na lectura!

15 de junio de 2020

RETO SEMANAL 12

Moi bos días a todas as familias de infantil!
Pasiño a pasiño, chegamos a final de curso. Este será o derradeiro luns que compartiremos convosco as nosas suxerencias semanais... Finalizando así un camiño que comezamos xa no mes de marzo!

Agardamos que todas estas propostas vos serviran de apoio na vosa espléndida tarefa de continuar conectados co cole, animando aos nenos nesta inesperada e difícil etapa.

De novo, moitas grazas pola vosa participación, interese e dedicación nas tarefas realizadas.
As profes despedímonos ata o curso que vén, non sen antes desexarvos unhas felices vacacións.

Embarcádevos no derradeiro reto semanal.

Os nosos mellores desexos:

AS PROFES DE INFANTIL


8 de junio de 2020

Sárdoma-Moledo MÓOOOOOVESE


Nótase que a fin do curso está próxima, que dende os blogues do cole chegan novas e motivadoras propostas para pechar o curso por todo o alto!


Dende o seu blogue, o profe Martín solicita que lle enviedes fotos ou pequenos vídeos dos cativos realizando actividade física (podedes aproveitar fotos realizando as nosas propostas de psicomotricidade presentes nos retos, ou ben calquera outro momento de xogo activo do neno).  

Animádevos a compartir as vosas propostas! Se queredes participar, premede na seguinte imaxe para ver máis información sobre o reto:

PREME NA IMAXE PARA VISITAR O BLOGUE DO PROFE MARTÍN


Enviade as fotos ou vídeos á direción de correo electrónico:





Broli propón novo reto: Herbas medicinais

Dende a biblio do noso cole propoñen o derradeiro reto do curso.
Animádesvos a participar?


RETO SEMANAL 11

Muy buenos días y feliz comienzo de semana a todas las familias de Educación Infantil!
Afrontamos la recta final del curso, y con él, nuevas propuestas para que sigáis realizando en casa con los niños. 
Una semana más esperamos que os gusten, os motiven, y que ayuden a despertar en los niños esa ilusión por seguir participando en los retos de sus profes. 

Os enviamos un fuerte abrazo a tod@s, y nuestros mejores deseos:

LAS PROFES DE INFANTIL


1 de junio de 2020

RETO SEMANAL 10

Moi bos días a todas as familias!
Unha semana máis, voltamos con novas propostas para realizar na casa... e con esta, xa levamos 10 diferentes!
Despedimos o mes de maio e acollemos con agarimo un novo mes, xuño. E cada vez estamos máis e máis preto do final do curso escolar...

Agardamos que estas novas propostas vos gusten e vos animedes a seguir participando coas ganas que vos caracterizan.

Os nosos mellores desexos para todos!

AS PROFES DE INFANTIL


25 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 9

Moi bos días a todas as familias de infantil!
Comeza unha nova semana, e pasiño a pasiño xa levamos compartido con vós 9 retos con propostas diferentes. Animámosvos a seguir participando, enviando e compartindo con nós as vosas fotos e os vosos vídeos realizando as actividades que vos deixamos. É a nosa maneira de seguir sendo partícipes do día a día dos vosos fillos e fillas!

Coma sempre, mandámosvos unha morea de bicos e os nosos mellores desexos para esta nova semana que empeza.

AS PROFES DE INFANTIL


19 de mayo de 2020

O noso cole MÓVESE!

O profe Martín quere compartir con todos vós o vídeo que elaborou con todas as aportacións dos nenos e nenas que se animaron a participar neste divertido reto de movemento.

Luces, cámara, acción!


RETO: A maxia do galego

Moi bos días a todas as familias!
Como xa sabedes, é moi positivo que dende moi cativos os nenos se familiaricen con ambas linguas oficiais de Galicia, xa que está demostrado que o bilingüismo dende idades temperás permite que os nenos teñan unha maior facilidade futura para aprender novos idiomas. 

Dende o blogue da biblioteca nos achegan un reto divertido para realizar neste mes de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas. É un reto moi sinxelo, perfecto para realizar cos nenos de infantil! 

PREME NA IMAXE PARA IR AO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Animádevos a participar!

AS PROFES DE INFANTIL

18 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 8

Moi bos días a todas as familias!
E moi bo inicio de semana a todos vos. De novo, coma cada luns, achegámosvos estas propostas recén saídas do forno para que afrontedes a semana con enerxía e ganas de emprender retos novidosos.

Agardamos que vos gusten e vos motiven, e coma sempre esperamos que nos enviedes fotos, vídeos e documentos varios onde se vexa a participación dos cativos nas diferentes propostas semanais. Animádevos!

Os nosos mellores desexos:

AS PROFES DE INFANTIL


11 de mayo de 2020

O CEIP Sárdoma Moledo segue a moverse!

Moi boas tardes ás nosas familias de infantil!

Como xa sabedes, a psicomotricidade xoga un papel fundamental no desenvolvemento infantil. Nestes tempos de confinamento, a práctica de exercicio físico tivo un papel protagonista para axudar aos nenos a manter o equilibrio emocional, evitar tensións e liberar enerxía. 
Agora os nenos teñen máis tempo e espazo para xogar, e por iso e dende o seu blogue, o profe Martín solicita que lle enviedes fotos ou pequenos vídeos dos cativos realizando actividade física (podedes aproveitar fotos realizando as nosas propostas de psicomotricidade presentes nos retos, ou ben calquera outro momento de xogo activo do neno). 

PREME NA IMAXE PARA VISITAR O BLOGUE DO PROFE MARTÍN

Enviade as fotos ou vídeos á direción de correo electrónico:



RETO SEMANAL 7

Moi bos días a todas as familias!
Unha vez máis temos unha nova semana por diante, e de novo buscamos que estas propostas semanais que vos achegamos sexan de axuda para vós e motivadoras para os nenos. Coma sempre, estaremos encantadas de recibir fotografías e vídeos dos rapaces e rapazas realizando as actividades, xa que así nos sentimos máis preto deles.

Agardamos que realicedes estes retos con moita ilusión, e enviámosvos unha semana máis os nosos mellores desexos.

AS PROFES DE INFANTIL

4 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 6

Moi bos días a todas as familias!
Comezamos unha nova semana e un novo mes, e aínda que este luns non sería un día lectivo no noso centro, deixámosvos igualmente estas propostas para que decidades traballalas sempre de xeito voluntario.
Agardamos que vos gusten os novos retos e que vos animedes a participar cas ganas e ilusión que vos caracterizan.

IMPORTANTE: Esta semana, facede recompilación de botellas de plástico ou cartóns de leite/zumo grandes, xa que a semana que ven, necesitaredes polo menos 6 para realizar un dos retos que plantexaremos.

Unha aperta moi grande:

AS PROFES DE INFANTIL


29 de abril de 2020

Actividade para a Biblioteca do centro


Moi boas a todas as familias!
Dende o equipo de biblioteca deixan esta divertida proposta. Grava o teu experimento tolo e envíao á dirección que aparece na imaxe. Tedes ata o 10 de maio para participar! Animádevos!




27 de abril de 2020

RETO SEMANAL 5

Bos días a todas as familias!
Comeza unha nova semana, e con ela, novos retos e ilusións.
Dende o equipo de infantil, queremos seguir contribuíndo a facilitar a vosa labor en casa, así que vos deixamos as novas propostas para esta semana.
Agardamos que vos gusten!

AS PROFES DE INFANTIL

20 de abril de 2020

RETO SEMANAL 4

Moi dos días a todas e todos! Como cada luns, as profes de infantil deixamos por aquí novas propostas para que vos animedes a realizalas cos rapaces.

Agardamos que vos gusten, que aproveitedes este tempo para desfrutar en familia, e vos mandamos os nosos máis fortes ánimos.  

Unha aperta moi grande:

AS PROFES DE INFANTIL


14 de abril de 2020

RETO SEMANAL 3

Moi boas, familias! Remata a Semana Santa e o equipo de infantil volve á carga con novos retos e propostas que agardamos que vos gusten.

A partir de agora estade moi atentos ao blogue de infantil, xa que compartiremos por aquí os retos semanais.

Invitamos, coma sempre, a todos os nenos a participar, a aprender, a experimentar, sempre como máis nos gusta... xogando!

Un bico moi grande:

AS PROFES DE INFANTIL 


2 de marzo de 2020

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Fixemos un homenaxe a Rosalía de Castro elaborando un mural quebracabezas coa súa cara decorada na cal participaron tódolos nenos e nenas do colexio. Os máis cativos aprenderon diversas poesías que recitaron nas aulas , e os maiores compoñeron as súas propias, as cales recitaron o día do acto.


27 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020


 O pasado venres celebrámolo entroido no colexio, e esta vez , os nosos nenos e nenas de educación infantil foron disfrazados de" bruxas e bruxos", de "Magos Merlín" e máis dos personaxes da película "O mago de Oz". Aquí tedes as imaxes...




11 de febrero de 2020

 DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz tódolos nenos e nenas do colexio interpretan a canción "Baixo un mesmo sol" de Álvaro Soler , vestidos cunha camiseta branca e un sol que eles mesmos diseñaron con anterioridade.






9 de enero de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Os nenos e nenas levaron a cabo unhas magníficas interpretacións das cancións: "Maxia" de Diego Topa, "Aladín"  e "David o gnomo", relacionadas todas elas co proxecto: "A maxia: nada é o que parece" que estamos a traballar no colexio.