27 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020


 O pasado venres celebrámolo entroido no colexio, e esta vez , os nosos nenos e nenas de educación infantil foron disfrazados de" bruxas e bruxos", de "Magos Merlín" e máis dos personaxes da película "O mago de Oz". Aquí tedes as imaxes...




11 de febrero de 2020

 DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz tódolos nenos e nenas do colexio interpretan a canción "Baixo un mesmo sol" de Álvaro Soler , vestidos cunha camiseta branca e un sol que eles mesmos diseñaron con anterioridade.






9 de enero de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Os nenos e nenas levaron a cabo unhas magníficas interpretacións das cancións: "Maxia" de Diego Topa, "Aladín"  e "David o gnomo", relacionadas todas elas co proxecto: "A maxia: nada é o que parece" que estamos a traballar no colexio.











19 de noviembre de 2019

MAGOSTO EN SÁRDOMA

Pasamos unha xornada moi divertida no magosto deste ano onde degustamos castañas, bocadillos de chourizo e ademáis xogamos a diversos xogos moi divertidos. Velaquí algúns momentos do día...


























8 de noviembre de 2019

VISITAMOS O MUSEO DO MAR

O alumnado de Educación infantil fixo unha pequena excursión ó Museo do mar de Vigo, onde realizaron actividades relacionadas coa contaminación, a reciclaxe e puideron ver tamén o seu acuario. Aquí tedes as fotos da saída.