30 de septiembre de 2013

COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE ARTE

Este ano os nenos e nenas de infantil imos facer obradoiros de arte preciosos coa profe Mimí.



COMEZAMOS CO POP-ART

Aquí podedes ver a un artista plástico y cineasta estadounidense moi importante do século XX, chamado ANDY WARHOL. Gústaballe moito plasmar nas súas obras elementos cotias da vida diaria como os anuncios publicitarios (latas de sopa Campbell ou Coca-Cola) e tamén facía os debuxos gráficos dos cómics. Tamén reproducía mitos da sociedade contemporánea como: Marilyn Monroe, Elvis Presley, Elizabeth Taylor o Mao Tse-tung.





OS NENOS/AS DE 3 ANOS FIXEMOS:

O BESO (VERSIÓN ORIXINAL)



O BESO (VERSIÓN DOS NENOS/AS)





OS NENOS/AS DE 4 ANOS FIXEMOS O CADRO:

FLORES (VERSIÓN ORIXINAL)



FLORES (VERSIÓN DOS NENOS/AS)




Os nenos/as de 5 anos fixeron:

MARILYN MONROE (VERSIÓN ORIXINAL)


MARILYN MONROE (VERSIÓN DOS NENOS/AS)




CURSO 2013/2014


BENVIDOS NENOS DE 3 ANOS

Este ano dámoslle a benvida os nenos/as novos de 3 anos. Comezan o curso coa súa profe Noelia, veñen moi contentos todos os días. 





21 de junio de 2013

PREPARÁNDONOS PARA Ó VERÁN

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unhas portadas e carpetas moi veraniegas coa axuda da profe Mimí.

Aquí podedes ver o bonitas que nos quedaron.






Feliz Verán para todos e todas!!!

13 de junio de 2013

OS BOLECHAS CHEGARON...


    
              Os Bolechas aterraron en  Sardoma, a mamá de Lois de 4 anos, visitounos para contar uns contos  preciosos a@s nen@s de 3 e 4 anos:

 
 
 
    As personaxes dos Bolechas sempre dan moito xogo (Chispa, Braulio, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Sonia), ademáis puxemos o proxector para contar os dous contos dos Bolechas e lles gustou moito !!!!


 
 
         Despois contou o conto de "Franklin planta un árbol" ....



 
 
   @s nen@s querían que lles contara moitos máis, a verdade é que pasamos un rato moi agradable  !!!

 

6 de junio de 2013

A ARTE CHEGOU A INFANTIL

    Neste último trimestre @s nen@s de infantil achegámonos un pouco á arte ,desde o obradoiro, traballando dous pintores moi famosos:
   - Giuseppe Arcimboldo, pintor que facía retratos empregando froitas, verduras, hortalizas e flores.
 
 
 - Vincent Van Gogh traballando tres dos seus cadros máis famosos:
  • Os nen@s de 3 anos fixeron "Os xirasoles" xa que están traballando o sol como proxecto.   
 
                                                                                                  
  • Os nen@s de 4 anos fixeron "A habitación de Arles".
 
  • Os nen@s de 5 anos fixeron "A noite estrelada".
 
 
TODOS OS CADROS QUEDARON MOI, MOI CHULOS !!!