8 de junio de 2020

Sárdoma-Moledo MÓOOOOOVESE


Nótase que a fin do curso está próxima, que dende os blogues do cole chegan novas e motivadoras propostas para pechar o curso por todo o alto!


Dende o seu blogue, o profe Martín solicita que lle enviedes fotos ou pequenos vídeos dos cativos realizando actividade física (podedes aproveitar fotos realizando as nosas propostas de psicomotricidade presentes nos retos, ou ben calquera outro momento de xogo activo do neno).  

Animádevos a compartir as vosas propostas! Se queredes participar, premede na seguinte imaxe para ver máis información sobre o reto:

PREME NA IMAXE PARA VISITAR O BLOGUE DO PROFE MARTÍN


Enviade as fotos ou vídeos á direción de correo electrónico:





Broli propón novo reto: Herbas medicinais

Dende a biblio do noso cole propoñen o derradeiro reto do curso.
Animádesvos a participar?


RETO SEMANAL 11

Muy buenos días y feliz comienzo de semana a todas las familias de Educación Infantil!
Afrontamos la recta final del curso, y con él, nuevas propuestas para que sigáis realizando en casa con los niños. 
Una semana más esperamos que os gusten, os motiven, y que ayuden a despertar en los niños esa ilusión por seguir participando en los retos de sus profes. 

Os enviamos un fuerte abrazo a tod@s, y nuestros mejores deseos:

LAS PROFES DE INFANTIL


1 de junio de 2020

RETO SEMANAL 10

Moi bos días a todas as familias!
Unha semana máis, voltamos con novas propostas para realizar na casa... e con esta, xa levamos 10 diferentes!
Despedimos o mes de maio e acollemos con agarimo un novo mes, xuño. E cada vez estamos máis e máis preto do final do curso escolar...

Agardamos que estas novas propostas vos gusten e vos animedes a seguir participando coas ganas que vos caracterizan.

Os nosos mellores desexos para todos!

AS PROFES DE INFANTIL