Moi bos días a todas as familias!
Unha vez máis temos unha nova semana por diante, e de novo buscamos que estas propostas semanais que vos achegamos sexan de axuda para vós e motivadoras para os nenos. Coma sempre, estaremos encantadas de recibir fotografías e vídeos dos rapaces e rapazas realizando as actividades, xa que así nos sentimos máis preto deles.
Agardamos que realicedes estes retos con moita ilusión, e enviámosvos unha semana máis os nosos mellores desexos.
AS PROFES DE INFANTIL
"BUSCAMOS UNHA ESCOLA ONDE APRENDAMOS CONTAS PARA: SUMAR AMIGOS,MULTIPLICAR HORAS DE TRABALLO,DIVIDIR O MEU EN O NOSO E RESTAR HORAS DE TRISTURA"
11 de mayo de 2020
4 de mayo de 2020
RETO SEMANAL 6
Moi bos días a todas as familias!
Comezamos unha nova semana e un novo mes, e aínda que este luns non sería un día lectivo no noso centro, deixámosvos igualmente estas propostas para que decidades traballalas sempre de xeito voluntario.
Agardamos que vos gusten os novos retos e que vos animedes a participar cas ganas e ilusión que vos caracterizan.
IMPORTANTE: Esta semana, facede recompilación de botellas de plástico ou cartóns de leite/zumo grandes, xa que a semana que ven, necesitaredes polo menos 6 para realizar un dos retos que plantexaremos.
Unha aperta moi grande:

29 de abril de 2020
Actividade para a Biblioteca do centro
Moi boas a todas as familias!
Dende o equipo de biblioteca deixan esta divertida proposta. Grava o teu experimento tolo e envíao á dirección que aparece na imaxe. Tedes ata o 10 de maio para participar! Animádevos!
27 de abril de 2020
RETO SEMANAL 5
Bos días a todas as familias!
Comeza unha nova semana, e con ela, novos retos e ilusións.
Dende o equipo de infantil, queremos seguir contribuíndo a facilitar a vosa labor en casa, así que vos deixamos as novas propostas para esta semana.
Agardamos que vos gusten!

20 de abril de 2020
RETO SEMANAL 4
Moi dos días a todas e todos! Como cada luns, as profes de infantil deixamos por aquí novas propostas para que vos animedes a realizalas cos rapaces.
Agardamos que vos gusten, que aproveitedes este tempo para desfrutar en familia, e vos mandamos os nosos máis fortes ánimos.
Unha aperta moi grande:
AS PROFES DE INFANTIL
Agardamos que vos gusten, que aproveitedes este tempo para desfrutar en familia, e vos mandamos os nosos máis fortes ánimos.
Unha aperta moi grande:
AS PROFES DE INFANTIL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)