29 de enero de 2016

Día da paz

Celebramos o día da paz, é como xa saben as familias este ano estamos a traballar as culturas americanas.

Para o día da paz todo o colexio fixo un atrapasoños que ten a forma do símbolo da paz. Cantamos a canción de Juanes "Paz, paz, paz".









É como sempre pasámolo xenial!!!

18 de diciembre de 2015

Festival do Nadal

E aquí chegou o día máis esperado, as nosas actuacións que tanto estivemos ensaiando. Saíunos estupendo!!!





Os nenos e nenas de tres anos bailaron a canción de "Volver a casa por Nadal" do Xabarín Club.




Os nenos e nenas de 4 anos bailamos a canción do Lobo de Susa Herrera



Os nenos e nenas de 5 anos bailaron unha danza folclórica ecuatoriana




16 de diciembre de 2015

Preparando as cousiñas do Nadal

Como non podían faltar preparamos a nosa portada do Nadal, quedounos chulísima cos tres reis magos pintados coas nosas mans.





E como non podía faltar fixemos a nosa bolsiña para levar os nosos traballiños. Puxemos un reno por diante e un papa Noel por detrás.



11 de diciembre de 2015

Educación vial

Como todos os trimestres andivemos nas bicis, monopatis, motos aprendendo como se debe circular polas vías. Podedes ver o ben que conducimos. Foi divertidísimo!!!





8 de diciembre de 2015

Facendo portadas variadas

A finais de curso xúntasenos moito os traballos. Estivemos facendo coa profe as distintas portadas para os nosos traballiños. Quedáronos preciosos!!!



Esta é a portada do Outono

Portada do pequeno proxecto Samaín

Portada do proxecto Cristobal Colón