14 de junio de 2015

Proxecto Italia

No terceiro trimestre os nenos e nenas de 3 anos traballaron Italia, coñecemos os saúdos italianos, como se di gracias, os números, tamén vimos como era a bandeira italiana, os monumentos máis importantes, o papa, o ferrari, a vespa, etc. En definitiva, que aprendemos moitísimo deste país que ten moito patrimonio histórico.

O que máis nos impresionou foron os romanos, chamóunos moito a atención porque facían case todo.


Podedes mirar algúns dos traballos que fixemos e así quedaron de chulos.

  










1 de junio de 2015

Letras galegas 2015

Este ano fixemos unhas camisetas para o día das letras galegas, mírade que bonitas quedaron.

Puxemos animaliños que temos que dicir en galego.



                     






14 de mayo de 2015

Antonio Gaudí

Antonio Gaudí, é un dous mellores arquitectos españois de tódolos tempos.

A súa obra é moi extensa, destaca pola súa orixinalidade. En todos os seus traballos podemos apreciar pequenas sinais da natureza e incluso do corpo humán.

Nos aprendimos as casas máis representativas barcelonesas. Aquí podedes velas.







30 de abril de 2015

Prantamos gladiolos

Os nenos e nenas de infantil decidimos prantar gladiolos. Podedes ver como os prantamos con cartóns de leite.






Tamén a profe Mimí trouxo da horta da súa aldea leitugas de dúas clases (riza e de folla de roble) e fresas para que os pequenos e pequenas virán o crecemento das prantas.




Un mes máis tarde podemos ver como creceron os gladiolos. Ibamos a visitalos todos os días facendo o rego preciso para que medrasen e se puxeran guapos. Así o último día de clase contentísimos levámolo para a nosa casa. Pasámolo xenial de agricultores.


21 de abril de 2015

Visita a granxa Kiriko

Este martes día 21, fomos a visitar todo o día a granxa Kiriko. Nada máis chegar, as monitoras explicounos as distintas tarefas que ibamos a realizar ao longo do día.






Encántounos porque había un montón de animais, as monitoras ensinounos as diferentes razas de pitas.

As galiñas kikas

A galiña pardo de león

A galiña holandesa ou galiña moñuda

A galiña australiana

Faisán común 

A galiña de bresse ou galiña francesa

A galiña Sebright

A galiña sedosa de Japón

A galiña castellana negra

 A galiña italiana






Os nenos/as estiveron aprendendo as distintas razas de pita que existen, tanto os nenos/as como as profes quedamos abraiadas.

Despois fomos a ver aos coellos, tocamos as crías.



Ordeñamos una vaca de mentira, jeje.



Vimos o porco vietnamita, que era negriño negriño.

i


Logo fomos a ver ás cabras e dimoslles de comer a súa comida favorita (follas de carballo).





Vimos os pavos reais, tivemos a sorte de que o macho abrese as ás. Qué fermoso!!!


Hora de xantar



Hora de xogo. Tiñamos un parque precioso para xogar.





Volta no autobús, íbamos durmindo despois de tanto disfrute. Pasámolo en grande!!!