17 de diciembre de 2014

Traballos do Nadal

Estes foron os traballos dos nenos de 3 anos, quedaron moi bonitos.







Esta foi a portada dos traballos que fixeron os nenos e nenas de 4 anos.



E aquí están os da clase de 5 anos.





Quedaron chulísimos!!!

14 de noviembre de 2014

Magosto

Este ano celebramos o Magosto na pista cuberta  por mal tempo. Asaronse uns chourizos e unhas castañas moi ricas, comimos todo. Xa podedes ver os nosos bolsos castañas que son preciosos, quedáronos estúpendos.










Pasámolo xenial!!!!

7 de noviembre de 2014

Samaín 2014

Como tódolos anos, este ano tamén celebramos a festa do Samaín, e os nenos e nenas de infantil viñemos disfrazados  e moi guapos.




Logo fixemos un pouco de clase normal, e  despois saimos o patio a comer as merendas monstruosas, xa que había gominolas de medo e bolechas de oreo con regalices. Había rás, vermes, calaveras, cerebros, dedos, etc. Estaban buenísimas!!!






Despois fomos todas as clases as gradas, a celebrar a festa do Samaín.








E para finalizar a festa Edel fixo un feitizo, e co profe Rafa xogamos a coller a mazá coa boca polo rabiño. Os nenos e nenas de infantil fixérono de maravilla como podedes ver.



                                


PASÁMOLO COMA SEMPRE XENIAL!!!







20 de junio de 2014

Excursión fin de curso

Este ano fomos de excursión en barco, e coñecemos a Illa de San Simón. En barco pasámolo moi ben, a pesar de moverse tanto. Cando chegamos a illa fomos de paseo por tódolos rincóns que había, aquí puñan os enfermos en corentena para non contaxiar á xente da cidade.
Había tamén moitos árbores centenarios, prantas preciosas, etc. Polo xeral foi unha aventura estupenda, iso si un viaxe quizáis un pouco curto, xa que pasou voando o día, e non poidemos correr moito. Finalmente, unha vez máis, pasámolo moi ben.

















19 de junio de 2014

Última sesión de educación vial do ano

Outra vez máis trouxemos as nosas bicis para andar polo patio do colexio aprendendo unha vez máis as normas de circulación reais que debemos cumprir. Fixemos de peóns e conductores. E coma sempre estivo divertidísimo.