19 de diciembre de 2012

PROXECTOS


Os proxectos


            Durante este trimestre levamos a cabo varios proxectos sobre diferentes inventores e inventos, dependendo  sempre dos intereses que tiñan @s nen@s de cada aula, e a verdade é que pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

           Ademáis dos proxectos tamén fixemos actividades relacionadas coas diferentes conmemoracións do trimestre: Magosto, Samaín e  Nadal.





12 de diciembre de 2012

TRABALLOS

    Estamos rematando
      Neste primeriro trimestre os nen@s de infantil traballaron moito e aprenderon
 
moitas cousas, pero para mostra....
NenOS de tres anos 
   
  NenOS de catro anos
       NenOS DE CINCO ANOS
 

5 de diciembre de 2012

MUSEO LISTE


VISITAMOS O MUSEO LISTE
   Todos os nen@s de infantil fomos visitar o Museo Liste en Vigo e coñecimos un montón de cousas: a importancia do cultivo de pan de centeo, o carro e a roda, o paso das estacións, os oficios: penteiro, selleiro, albéitar…, chaves antigas, o tecido tradicional e os materiais e técnicas empregadas na fabricación das teas, especialmente o liño, a madeira, a luz, a mediciña tradicional, xogos populares e antigos… e moitas cousas máis que nos encantaron, o pasamos “pipa”.

Aquí tedes o enlace para coñecer un pouco máis este museo tan próximo a nós:                            http://www.museoliste.org/
                

9 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


      Preparados para o magosto?????
    Os nen@s de infantil fixemos un bolso-castaña estupendo coa axuda das nosas profes.
 
 

No cole recitamos una poesía moi bonita:
 
Como te chamas?
Comecastaña
Eu as como e ti as apañas
E de apelido?
Caldo cocido
E de segundo apelido?
Filloas con mel.
 
                                      E as profes nos contaron uns contos super chulos:

                               
        Queremos adicar unha especial mención as nais que estiveron pintando  aos  nen@s do cole e que o fixeron tan ben!!! 
                                            

                 
 

5 de noviembre de 2012

SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA



                              5 DE NOVEMBRO SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA