12 de diciembre de 2012

TRABALLOS

    Estamos rematando
      Neste primeriro trimestre os nen@s de infantil traballaron moito e aprenderon
 
moitas cousas, pero para mostra....
NenOS de tres anos 
   
  NenOS de catro anos
       NenOS DE CINCO ANOS
 

5 de diciembre de 2012

MUSEO LISTE


VISITAMOS O MUSEO LISTE
   Todos os nen@s de infantil fomos visitar o Museo Liste en Vigo e coñecimos un montón de cousas: a importancia do cultivo de pan de centeo, o carro e a roda, o paso das estacións, os oficios: penteiro, selleiro, albéitar…, chaves antigas, o tecido tradicional e os materiais e técnicas empregadas na fabricación das teas, especialmente o liño, a madeira, a luz, a mediciña tradicional, xogos populares e antigos… e moitas cousas máis que nos encantaron, o pasamos “pipa”.

Aquí tedes o enlace para coñecer un pouco máis este museo tan próximo a nós:                            http://www.museoliste.org/
                

9 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


      Preparados para o magosto?????
    Os nen@s de infantil fixemos un bolso-castaña estupendo coa axuda das nosas profes.
 
 

No cole recitamos una poesía moi bonita:
 
Como te chamas?
Comecastaña
Eu as como e ti as apañas
E de apelido?
Caldo cocido
E de segundo apelido?
Filloas con mel.
 
                                      E as profes nos contaron uns contos super chulos:

                               
        Queremos adicar unha especial mención as nais que estiveron pintando  aos  nen@s do cole e que o fixeron tan ben!!! 
                                            

                 
 

5 de noviembre de 2012

SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA



                              5 DE NOVEMBRO SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA


31 de octubre de 2012

SAMAIN 2012



Chegou o Samaín!!!!!!!!

           Os nen@s de infantil estamos preparados  para recibir o Samaín: fixemos chulas coas profes: Diana, Rosi, Mimí e Feli, estaban riquísimas!!! e ficamos coa barriga ben chea.

Así fixemos as chulas, estes son os ingredientes:








Mezclamos todos os ingredientes: 





@s nen@s remexeron todos os ingredientes:




Fritimolas nunha prancha...




... e este foi o resultado!!




E comémolas, estaban boísimas!





Despois de comer as chulas, baixamos ás gradas para apadrinar dúas árbores, escoitamos os conxuros que o profe Rafa e Peter recitaron en inglés e en galego. E por último,  xogamos a pescar a mazá coa boca que estaba dentro dunha tina chea de auga.














Ó final do día a profe Mimí deulles a cada un dos nenos un chupa-chups vampiro, feitos por eles mesmos coa axuda da profe.



                      Pasámolo xenial!!!