14 de febrero de 2012

PREPARANDO UNHA MACEDONIA!!!

Aproveitando a variedade de froita que temos nesta época, preparamos unha macedonia!!! Estos foron os ingredentes:

O primeiro que fixemos, foi lavalas máns, antes de manipular as froitas, e distribuimos o traballo por grupos, uns engagáronse de espremer o zume de laranxa...



Outros de pelar as mandarinas, os plátanos, os kiwis, o melón, as ciruelas, o mango, as papayas, os lichis, a piña, as uvas e laválas fresas ...









E de cortar as peras...



E aquí tedes o resultado...Mirade que boa pinta!!!

E o mellor foi disfrutar do seu sabor, todos probaron a macedonia...

















Estaba tan boa, que algúns nenos e nenas repetiron...e xa vedes non quedou nada, foi un éxito!!!



Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración, saíu boísima!!!







PROXECTO "O PRESTIGE"

Neste segundo trimestre estamos traballando "O Prestige", os nenos e nenas de 3 anos fixeron coa súa titora un gran mural sobre os transportes marítimos...

Ademáis, entre outras, tamén traballaron, as distintas partes dun barco, a contaminación, a historia do Prestige...





E visionaron a película "Historia dunha gaivota e o gato que lle ensinou a voar"...

Fixémos un albúm coa historia da Catástrofe do Prestige:











CONTACONTOS PARA AS FAMILIAS!!!

A Concellería de Normalización Lingística organiza o domingo 26 de febreiro as 18:00h, un Contacontos "PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR", no VERBUM. Entrada de Balde.

13 de febrero de 2012

SEMANA DO ENTROIDO




Estimadas Familias,

Convidámosvos a celebrar con nós o festival do entroido, o próximo Venres 17 de febreiro, a partir das 11:45h no patio de gradas do colexio.

O festival comezará cun desfile dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Posteriormente elixiremos ao Mr. E Miss Entroido 2012.
Unha vez rematado o desfile de Miss e Mr, subiremos ao patio do comedor, onde podredes degustar os magníficos doces da “Sobremesa Multicultural”, a continuación, celebraranse unhas actuacións do alumnado de primaria, desfile dos mestres e mestras, e a realización de diferentes xogos populares, como o concurso de trompos.
 


LIBRO INTERÁCTIVO:   Unha Sobremasa Multicultural

DESFILE ENTROIDO 2012:


Os mestres e mestras do CEIP de Sárdoma-Moledo:



Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron uns murais para o ENTROIDO...











Durante toda a semana temos que prestarlle moita a atención aos "Mandadiños do Arlequín"......



O LÚNS:


CON DEZ CAÑÓNS POR BANDA,

VENTO EN POPA A TODA VELA,

NON CORTA O MAR, SENÓN VOA,

UN VELEIRO BERGANTÍN.................



PREPARA PARA O LÚNS................


UN MALETÍN

O MARTES:


BARCO PIRATA QUE CHAMAN,

POLA SÚA BRAVURA O TEMIDO,

EN TODO MAR COÑECIDO

DE UN AO OUTRO CONFÍN...............


NON TE ESQUEZAS E TRAE

COLGADO........................


UN CALCETÍN



O MÉRCORES:


A LÚA NO MAR RIELA,

NA LONA XEME O VENTO,

E ALZA EN BRANDO MOVEMENTO

ONDAS DE PRATA E AZUL;

E VE O CAPITÁN PIRATA,

CANTANDO LEDO NA POPA,

ASIA A UN LADO, NO OUTRO EUROPA;

E ALÁ NA SÚA FRONTE, ESTAMBUL..............

PREPARA UN PARCHE PIRATA

DE COR AZUL

E O XÓVES:



NAVEGA, VELEIRO MEU,

SEN TEMOR;

QUE NIN INIMIGO NAVÍO,

NIN TORMENTA, NIN BONANZA,

O TEU RUMBO ALCANZA,

NIN A SUXEITAR O TEU VALOR...

TRAE NO PEITO....................

UNHA FLOR

Durante toda a semana levaremos a cabo a seguinte actividade, "Fala Galego Doce"...