Neste segundo trimestre estamos traballando "O Prestige", os nenos e nenas de 3 anos fixeron coa súa titora un gran mural sobre os transportes marítimos...
Ademáis, entre outras, tamén traballaron, as distintas partes dun barco, a contaminación, a historia do Prestige...
E visionaron a película "Historia dunha gaivota e o gato que lle ensinou a voar"...
Fixémos un albúm coa historia da Catástrofe do Prestige:
A Concellería de Normalización Lingística organiza o domingo 26 de febreiro as 18:00h, un Contacontos "PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR", no VERBUM. Entrada de Balde.
Convidámosvos a celebrar con nós o festival do entroido, o próximo Venres 17 de febreiro, a partir das 11:45h no patio de gradas do colexio.
O festival comezará cun desfile dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Posteriormente elixiremos ao Mr. E Miss Entroido 2012.
Unha vez rematado o desfile de Miss e Mr, subiremos ao patio do comedor, onde podredes degustar os magníficos doces da “Sobremesa Multicultural”, a continuación, celebraranse unhas actuacións do alumnado de primaria, desfile dos mestres e mestras, e a realización de diferentes xogos populares, como o concurso de trompos.