3 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023





Con motivo da celebración do Samaín no colexio, en Educación Infantil fixemos un OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA para a merenda da media mañá. Desfrutaron moito tanto cociñando como comendo!

Comezamos elaborando unhas pizzas de momias.



E mentres se cociñaban no forno, fixemos unhas pantasmas con plátanos e pebidas de chocolate máis unhas cabazas con mandarinas. Case non nos deu tempo de sacar fotos porque coméronse ao momento!