30 de enero de 2014

Día da Paz

Este ano os nenos de Infantil aprendemos moitas cousas sobre a historia e a vida de Nelson Mandela. Nelson Mandela naceu o 18 de Xullo de 1918. Foi o primeiro home que loitou contra o "Apartheid" (separación entre homes blancos e negros). En principio non logrou nada a pesar de facer moitas manifestacións.
Fundou unha organización "Lanza da Nación" a cal pasou logo a loita armada. O ano seguinte foi capturado en Johannesburgo, sometérono a xuicio e conderánolo a cadena perpetua. Estivo máis de 27 anos na cárcere.
O presidente Frederik de Klerk liberouno cando tiña 71 anos, e finalmente grazas as grandes movilizacións conseguiron negociar a eliminación do apartheid, a cal quedou derogada oficialmente no ano 1991. Os dous foron galardonados co Premio Nobel da Paz en 1993.
En 1994, Mandela foi elixido presidente de Sudáfrica e gobernou ata 1999.
A finais do 2012, a súa saúde deteriorouse rapidamente por unha infección pulmonar. A partir de xuño do 2013 permeneceu en estado crítico, e faleceu en Johannesburgo o 5 de decembro do 2013.



Neste día os nenos e nenas de infantil falamos sobre a vida de Mandela, logo cada clase de infantil pegou unha peza da cara de Nelson Mandela, e por último recitamos unha frase importante del. Pasámolo xenial!!!







26 de enero de 2014

LEONARDO DA VINCI

Leonardo da Vinci naceu o 15 de abril de 1452 no pobo toscano de Vinci, cercano a Florencia. O gran maestro florentino foi un dos grandes artistas do renacemento, autor da "Gioconda" ou "Monalisa", tamén "Ultima cea" e " A virxe das rocas e Santa Ana, a virxe e o neno". Destacou como pintor, escultor, arquitecto, inxeniero, científico e ata cociñeiro.






Como era unha persoa tan traballadora, xa que non lle gustaba durmir porque dicía que era perder o tempo. Dicir de el que tamén fixo pequenas fábulas, ao igual que desenou novos instrumentos. Sabese tamén que foi un grande apasionado da música, xa que dominaba a lira e o laúd. Todavía non se comprobou que fose o inventor do violín, pero deixounos planos de moitos instrumentos similares e outros complexos que non chegaron a ser construidos. Como a "Viola organista".Non solo foi un grandísimo artista, senón que sobresaliu tamén como inventor, anticipando moitas invencións de séculos seguintes. Así, Leonardo uniu os seus coñecementos artísticos coas súas observacións da natureza, e baseado nelas comezou a debuxar máquinas que reproduxesen o que el vía. Observaba cómo voaban as aves e os insectos e así foi como desenou moitas máquinas voladoras. Foi o inventor helicóptero con pedais, o submarino, e a bicicleta.


Os nenos de infantil pintamos un dos grandes cadros de Leonardo como foi a "Monalisa"



4 anos


5 anos