19 de diciembre de 2013

O FESTIVAL DE NADAL

Os nenos de infantil levan xa moitos semanas preparando as súas actuacións de Nadal. Chegou o día, e xa están preparados para demostrar o ben que o van a facer.

Xa podedes ver os bailes destes nenos e nenas. Os nenos de 3 anos protagonizaron "Fun o mercado" e
os nenos de 4 anos "Somos amigos"





E os nenos de 5 anos protagonizaron unha canción elaborada por eles e a súa profe Rosi "O sistema solar" quedoulles preciosa a letra.

12 de diciembre de 2013

CONTACONTOS "OS PITIÑOS"


Hoxe tivemos a presencia dunha contacontista, contoulles ós cativos de 3 e 4 anos o conto dos pitiños: "Buscabando unha estrela". Despois da lectura do conto, colorearon con pequenos moldes os personaxes que aparecen no conto (a estrela, o gato,o peixiño, a árbore de nadal, etc). Pasárono xenial porque cada neno e nena levou o seu propio conto para casa.



10 de diciembre de 2013

MIRÓ NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Miró (Barcelona, 1893-Palma de Mallorca, España, 1983) Foi un pintor, escultor, grabador e ceramista español. Estudiou comercio e traballou durante dous anos como dependente nunha droguería, ata que unha enfermidade obligouno a retirarse durante un longo periodo nunha casa familiar no pequeno pobo de Mont-roig del Camp.
Cataluña e Mallorca serán sempre as dúas referencias na súa obra, a paisaxe destas zonas, a luz, as cores e os obxectos populares repítense de forma constante. Se identificamos a Miró cun movemento artístico é có surrealismo. André Bretón, pai dos surrealistas, dicía que Miró era o máis surrealista de todos, por diante de outros artistas destacados como Dalí.
Na obra de Miró hai unha preocupación pola natureza, un sentimento que se refuxia nas formas humildes e auténticas. Pedras, conchas, insectos, a luz, as cores.  Os animais que aparecen nas súas obras carecen de violencia.  



Os nenos de 4 anos pintamos dous cadros de Miró


Os nenos de 5 anos pintamos tamén dous cadros.


27 de noviembre de 2013

CONTACONTOS

Os nenos e nenas de 3 anos recibiron a visita dunha contacontos, quedaron contentos coas súas cancións e contos.




21 de noviembre de 2013

VISITA Á ESCOLA HÍPICA ALAZÁN


Os nenos e nenas de infantil fumos o visitar os cabalos en San Cosmé, montamos neles e pasámolo en grande.









10 de noviembre de 2013

MAGOSTO

Este ano fixemos os nenos e nenas de  infantil un bolso con follas do castiñeiro, quedáronos moi bonitos.
Logo fumos as gradas a comer os chourizos e as castañas, que estaban riquísimos!!!!





Despois de comer o bocadillo de chourizo e as castañas quentes. Os nenos e nenas de infantil xogamos a estes xogos.

        " A castaña por detrás"
                                        
   " Salto da rá "    

              " Lanzamiento da castaña"

Pasámolo xenial!!!!

5 de noviembre de 2013

Roy Lichtenstein

Foi  un pintor estadounidense. A súa serie máis famosa apareceu na década de 1960, cando presentou una serie de pezas que partían de imaxes tomadas do mundo do cómic, presentadas en formatos grandes sobre unha trama tipográfica de puntos (puntillismo), sobre fondo branco. As cores que máis utiliza son o amarelo, o vermello e o azul, perfilados por grosas liñas negras.




OS NENOS E NENOS DE 3 ANOS FIXEMOS UN AMENCER:





OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS FIXEMOS OBRAS VARIADAS:





OS NENOS DE 5 ANOS FIXEMOS TAMÉN O MESMO CADROS VARIADOS:




Quedaron preciosos os nosos cadros, aparte de que o pasamos xenial.

3 de noviembre de 2013

OBRADOIRO DE PAPEL

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron un obradoiro de papel.

O primer paso foi que os nenos colleron trozos de papel e os meteron dentro dunha tina con auga. Remexeron sen parar!!!

 

O segundo paso é o colado. Os nenos colan o papel.


Agora secan o papel coas bayetas.


Sacámolo do molde e deixámolo secar.


E por último aquí tedes o resultado.


 
 

30 de octubre de 2013

SAMAÍN

Mirade que guapos viñan os nenos e nenas de infantil con disfraces de medo.



Este ano os nenos e nenas de infantil antes de celebrar a festa do Samaín fixemos "Merendas monstruosas", con galletas de oreo, gominolas, lacasitos, etc. Quedaron arañas divertidas coas galletas de oreo, mazás con vermes, serpes xigantes.  Os nenos e nenas pasarono xenial!!!!



E finalmente celebramos a festa do Samaín, na que o presentador foi Rafa, viron tamén os conxuros que fixo Edel. E un representante de cada curso colleu a mazá.







1 de octubre de 2013

KEITH HARING

Continuamos co pop-art. Os nenos e nenas de infantil pintamos este artista moi coñecido.

Keith Haring foi un pintor estadounidense, o máis importantes dos pintores de graffiti dos anos oitenta, nacido en Kutztown, Pennsylvania, no1958. Desde moi pequeno Keith Haring empezou a debuxar inspirándose nos debuxos animados que veía na televisión. Estudiou arte na Ivy School of Art de Pittsburg, donde comenzou a facer serigrafías para imprimir nas camisetas.




OS NENOS DE 3 ANOS FIXEMOS "O BEBÉ:




OS NENOS DE 4 ANOS FIXEMOS CADROS VARIADOS:




OS NENOS DE 5 ANOS FIXEMOS A3 PARA USAMOS DE MANTEIS NA HORA DA MERENDA, QUEDARON PRECIOSOS. 






Os nenos e nenas quedaron moi contentos coas obras de arte que fixemos.

30 de septiembre de 2013

COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE ARTE

Este ano os nenos e nenas de infantil imos facer obradoiros de arte preciosos coa profe Mimí.



COMEZAMOS CO POP-ART

Aquí podedes ver a un artista plástico y cineasta estadounidense moi importante do século XX, chamado ANDY WARHOL. Gústaballe moito plasmar nas súas obras elementos cotias da vida diaria como os anuncios publicitarios (latas de sopa Campbell ou Coca-Cola) e tamén facía os debuxos gráficos dos cómics. Tamén reproducía mitos da sociedade contemporánea como: Marilyn Monroe, Elvis Presley, Elizabeth Taylor o Mao Tse-tung.





OS NENOS/AS DE 3 ANOS FIXEMOS:

O BESO (VERSIÓN ORIXINAL)



O BESO (VERSIÓN DOS NENOS/AS)





OS NENOS/AS DE 4 ANOS FIXEMOS O CADRO:

FLORES (VERSIÓN ORIXINAL)



FLORES (VERSIÓN DOS NENOS/AS)




Os nenos/as de 5 anos fixeron:

MARILYN MONROE (VERSIÓN ORIXINAL)


MARILYN MONROE (VERSIÓN DOS NENOS/AS)