3 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023





Con motivo da celebración do Samaín no colexio, en Educación Infantil fixemos un OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA para a merenda da media mañá. Desfrutaron moito tanto cociñando como comendo!

Comezamos elaborando unhas pizzas de momias.



E mentres se cociñaban no forno, fixemos unhas pantasmas con plátanos e pebidas de chocolate máis unhas cabazas con mandarinas. Case non nos deu tempo de sacar fotos porque coméronse ao momento!

12 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

Os nenos e nenas de Educación infantil celebramos o Magosto facendo diversos xogos moi divertidos; Ademáis, un ano máis, non podían faltar as castañas o remate dos mesmos. Velaquí tedes algunhas imaxes...







9 de noviembre de 2021

SAMAÍN/HALLOWEEN 2021

No colexio de Sárdoma Moledo, os nenos e nenas de Educación infantil celebramos a festa de Samaín/Halloween disfrazándonos de diversos personaxes terroríficos... Pasámolo xenial!


4º Educación infantil


5º Educación infantil


6º Educación infantil





19 de octubre de 2021

NOVO PATIO EN INFANTIL

Este ano temos un novo patio para xogar nel, é o "patio vivo". Ademáis dos patios cos que xa contábamos e nos que seguimos xogando,  agora tamén imos xogar con novos elementos da natureza, troncos dispostos a modo de mesa, asemblea de troncos para poder sentarse, trepar por eles, etc., unha cabaña e  varios montículos de terra. Pasámolo xenial nel... Velaquí tedes o resultado.