17 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana do día das letras galegas traballamos os nenos e nenas de infantil "A miña palabra favorita en galego é..."
Os cativos durante a semana fixeron pequenos exercicios relacionados co autor que se conmemora este ano Xosé María Díaz Castro.
Tamén fixeron os profes encargados desta conmemoracións pequenos vídeos cos nenos/as. O venres 16 viron os videos na biblioteca. Viron dous vídeos un relacionado coa miña palabra favorita e outro que lles encantou da canción "Ledo". Podedes ver o video proximamente no blog de música.


3 anos: 


4 anos:





5 anos:

 

7 de mayo de 2014

CONTACONTOS

Hoxe veunos a visitar unha contacontos, contounos a historia da "Pitiña amarela" e os seus amigos como a fada, a estrela, a lúa, o sol, o espello, etc. Gustounos un montón. Queremos que volva!!!!






Pasámolo xenial!!!

2 de mayo de 2014

A TORRE EIFFEL

A Torre Eiffel foi construida para a Exposición Universal de París de 1889. Esta cidade non levara a cabo ningún outro proxecto que puidese ocupar a dimensión e popularidade desta torre.
Nos seus oríxenes a Torre Eiffel fora denominada como a torre de 300 metros, a pesar de que en realidade, a Torre Eiffel conta con 324 metros de altura. A súa estructura foi elaborada a base de ferro forxado e o seu deseño foi levado a cabo polo enxeñeiro francés Gustave Eiffel, o cal tamén foi o creador da estructura metálica da Estatua da Liberdade de New York.
A partir da súa creación, a Torre Eiffel converteuse nun dous lugares máis importantes, xa que recibe a maior cantidade de visitantes a nivel mundial. A súa construcción deuse por rematada no mes de marzo de 1889, xusto no momento no que o seu creador, Gustave Eiffel, ascendeu polos 1.710 escalóns que ten a torre dende a súa base, ata chegar ao terceiro andar da devandita torre, na cal ondeou a bandeira de Francia. Para o seu 120 aniversario, a Torre Eiffel foi cuberta dunha nova capa de pintura de cor bronce, sendo a capa de pintura número 19 dende que a torre foi inaugurada.


  Rincones del mundo: La torre Eiffel


Os nenos e nenas de infantil quixemos facer os nosos propios debuxos da Torre Eiffel, aínda que os máis pequenos coloréamola.

3 anos



4 anos

5 anos

11 de abril de 2014

TRABALLOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Os nenos e nenas de infantil, fixemos unhas portadas moi chulas para os nosos traballos. Aquí podedes ver algunhas pequenas cousiñas que fixemos coa axuda das nosas profes.





Agora xa estamos de vacacións, e podemos descansar. Felices pascuas a todos e todas!!!

10 de marzo de 2014

EDVARD MUNCH

Edvard Munch naceu o 12 de decembro do 1863 en LoeitenNoruega, fillo dun médico castrense. 

Cando aínda non cumplira 5 anos, mórrelle a súa nai víctima da tuberculosis. Tras permanecer un ano na  Escola Técnica de Oslo, onde comezara estudios de inxeniería, en 1880 toma a decisión de dedicarse á pintura, e con ese propósito inscríbese na  Escola de Debuxo da cidade. En 1885 unha beca permítelle seguir estudando en París

O seus cadros e obra gráfica deron paso ó desenvolvemento do expresionismo. A maior parte da súa producción artística realízouna entre París e Berlín. No  ano 1892, a exposición dos seus cuadros en Berlín impresionaron tanto ás autoridades que pecharon a mostra. En 1908 os seus problemas nerviosos, agravados polo alcoholismo, obligánlle a permenecer oito meses pechado nunha clínica psiquiátrica de Copenhague

Un vez recuperado, regresa a Noruega e inicia un periodo no que toda a súa obra mostra unha nova vitalidad. Realiza os murais da Universidade de Oslo. E O grito (1893, Museo Nacional de Oslo) y Niño enfermo (1881-1886, Museo Nacional de Oslo), obras que reflexan a perdida da súa nai e irmá víctimas da tuberculosis


Os nenos de infantil fixemos o cadro "O grito", podedes ver o bonito que nos quedaron.



4 anos



5 anos 




Pasámolo xenial, a pesar de que a historia de Munch non fose moi bonita.