11 de abril de 2014

TRABALLOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Os nenos e nenas de infantil, fixemos unhas portadas moi chulas para os nosos traballos. Aquí podedes ver algunhas pequenas cousiñas que fixemos coa axuda das nosas profes.





Agora xa estamos de vacacións, e podemos descansar. Felices pascuas a todos e todas!!!

10 de marzo de 2014

EDVARD MUNCH

Edvard Munch naceu o 12 de decembro do 1863 en LoeitenNoruega, fillo dun médico castrense. 

Cando aínda non cumplira 5 anos, mórrelle a súa nai víctima da tuberculosis. Tras permanecer un ano na  Escola Técnica de Oslo, onde comezara estudios de inxeniería, en 1880 toma a decisión de dedicarse á pintura, e con ese propósito inscríbese na  Escola de Debuxo da cidade. En 1885 unha beca permítelle seguir estudando en París

O seus cadros e obra gráfica deron paso ó desenvolvemento do expresionismo. A maior parte da súa producción artística realízouna entre París e Berlín. No  ano 1892, a exposición dos seus cuadros en Berlín impresionaron tanto ás autoridades que pecharon a mostra. En 1908 os seus problemas nerviosos, agravados polo alcoholismo, obligánlle a permenecer oito meses pechado nunha clínica psiquiátrica de Copenhague

Un vez recuperado, regresa a Noruega e inicia un periodo no que toda a súa obra mostra unha nova vitalidad. Realiza os murais da Universidade de Oslo. E O grito (1893, Museo Nacional de Oslo) y Niño enfermo (1881-1886, Museo Nacional de Oslo), obras que reflexan a perdida da súa nai e irmá víctimas da tuberculosis


Os nenos de infantil fixemos o cadro "O grito", podedes ver o bonito que nos quedaron.



4 anos



5 anos 




Pasámolo xenial, a pesar de que a historia de Munch non fose moi bonita.

28 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

Este ano os nenos de infantil fomos disfrazados de acorde co lema "De boa tinta". Os nenos e nenas de 3 anos foron disfrazados de "Caperuchiña Vermella", os de 4 anos foron disfrazados de animaliños das fábulas e os de 5 anos do "Bosque Encantado".

Aquí están as profes de infantil, quedamos moi guapas, jeje.



Antes de desfilar comimos doces diferentes e logo desfilamos.



Así fomos os de 3 anos, quedamos guapísimos cos traxes feitos polas nosas profes Noelia e Mimí:


Os de 4 anos, ibamos vestidos de animaliños tan diferentes:


E os de 5 anos, bailamos a canción da película "O bosque encantado" que bonito quedou!



Pasámolo xenial!!!!!

20 de febrero de 2014

Visita á fundación Barrié de la Maza

Este xoves, 20 de febreiro, os nenos e nenas de infantil fomos a visitar o museo da fundación Barrié, e coñecimos o obradoiro "Historia sobre a nosa historia". Aprendimos que debemos respectar os cadros e para iso ensinarónnos a non tocar e a non estropear as obras de arte.

As obras de arte que vimos estaban relacionadas cos antepasados, de cómo os homes e mulleres da prehistoria utilizaban a natureza para sobrevivir. Vimos un cadro pintado con rotulador, unha montaña nevada. Tamén entramos nunha caverna, e o que máis nos gustou foi pintar como os prehistóricos nesta parede negra a oscuras, ao igual que o facían os homes de máis de 170 millóns de anos, simulando as covas.


Logo subimos ó terceiro andar e a cousa xa cambiaba, estábamos xa no futuro. Entramos a catro patas nun xardín xigante artificial e vimos unha pelota que tiña forma rectangular. Coñecimos esta casa do futuro que estaba voando, esta silla tan diferente, e por último xogamos a construir cidades modernas e bonitas. Despois de tanto esperar por ir de excursión, pasámolo xenial, grazas profes!!!




30 de enero de 2014

Día da Paz

Este ano os nenos de Infantil aprendemos moitas cousas sobre a historia e a vida de Nelson Mandela. Nelson Mandela naceu o 18 de Xullo de 1918. Foi o primeiro home que loitou contra o "Apartheid" (separación entre homes blancos e negros). En principio non logrou nada a pesar de facer moitas manifestacións.
Fundou unha organización "Lanza da Nación" a cal pasou logo a loita armada. O ano seguinte foi capturado en Johannesburgo, sometérono a xuicio e conderánolo a cadena perpetua. Estivo máis de 27 anos na cárcere.
O presidente Frederik de Klerk liberouno cando tiña 71 anos, e finalmente grazas as grandes movilizacións conseguiron negociar a eliminación do apartheid, a cal quedou derogada oficialmente no ano 1991. Os dous foron galardonados co Premio Nobel da Paz en 1993.
En 1994, Mandela foi elixido presidente de Sudáfrica e gobernou ata 1999.
A finais do 2012, a súa saúde deteriorouse rapidamente por unha infección pulmonar. A partir de xuño do 2013 permeneceu en estado crítico, e faleceu en Johannesburgo o 5 de decembro do 2013.



Neste día os nenos e nenas de infantil falamos sobre a vida de Mandela, logo cada clase de infantil pegou unha peza da cara de Nelson Mandela, e por último recitamos unha frase importante del. Pasámolo xenial!!!