Moi bos días a todas as familias de infantil!
Comeza unha nova semana, e pasiño a pasiño xa levamos compartido con vós 9 retos con propostas diferentes. Animámosvos a seguir participando, enviando e compartindo con nós as vosas fotos e os vosos vídeos realizando as actividades que vos deixamos. É a nosa maneira de seguir sendo partícipes do día a día dos vosos fillos e fillas!
Coma sempre, mandámosvos unha morea de bicos e os nosos mellores desexos para esta nova semana que empeza.
AS PROFES DE INFANTIL