19 de diciembre de 2013

O FESTIVAL DE NADAL

Os nenos de infantil levan xa moitos semanas preparando as súas actuacións de Nadal. Chegou o día, e xa están preparados para demostrar o ben que o van a facer.

Xa podedes ver os bailes destes nenos e nenas. Os nenos de 3 anos protagonizaron "Fun o mercado" e
os nenos de 4 anos "Somos amigos"





E os nenos de 5 anos protagonizaron unha canción elaborada por eles e a súa profe Rosi "O sistema solar" quedoulles preciosa a letra.

12 de diciembre de 2013

CONTACONTOS "OS PITIÑOS"


Hoxe tivemos a presencia dunha contacontista, contoulles ós cativos de 3 e 4 anos o conto dos pitiños: "Buscabando unha estrela". Despois da lectura do conto, colorearon con pequenos moldes os personaxes que aparecen no conto (a estrela, o gato,o peixiño, a árbore de nadal, etc). Pasárono xenial porque cada neno e nena levou o seu propio conto para casa.



10 de diciembre de 2013

MIRÓ NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Miró (Barcelona, 1893-Palma de Mallorca, España, 1983) Foi un pintor, escultor, grabador e ceramista español. Estudiou comercio e traballou durante dous anos como dependente nunha droguería, ata que unha enfermidade obligouno a retirarse durante un longo periodo nunha casa familiar no pequeno pobo de Mont-roig del Camp.
Cataluña e Mallorca serán sempre as dúas referencias na súa obra, a paisaxe destas zonas, a luz, as cores e os obxectos populares repítense de forma constante. Se identificamos a Miró cun movemento artístico é có surrealismo. André Bretón, pai dos surrealistas, dicía que Miró era o máis surrealista de todos, por diante de outros artistas destacados como Dalí.
Na obra de Miró hai unha preocupación pola natureza, un sentimento que se refuxia nas formas humildes e auténticas. Pedras, conchas, insectos, a luz, as cores.  Os animais que aparecen nas súas obras carecen de violencia.  



Os nenos de 4 anos pintamos dous cadros de Miró


Os nenos de 5 anos pintamos tamén dous cadros.