"BUSCAMOS UNHA ESCOLA ONDE APRENDAMOS CONTAS PARA: SUMAR AMIGOS,MULTIPLICAR HORAS DE TRABALLO,DIVIDIR O MEU EN O NOSO E RESTAR HORAS DE TRISTURA"
26 de abril de 2013
SEGUIMOS COS CONTACONTOS
Esta semana tivemos a sorte de contar con Marta e Leire (nai e irmá de Xoana de 3 anos), contounos dous relatos preciosos que escribiu cando era unha cativa: "Hilo de papel" e "Un día escribí un cuento", foron realmente moi, moi bonitos!!!!!.
25 de abril de 2013
O NIÑO DE INFANTIL
Chegou
a primavera e dende infantil decidimos ter un niño feito de madeira, para que algún paxariño faga a súa casiña e
poder observalo de preto.
Para instalar o niño na árbore pedimos a axuda de Suso, o conserxe, e a verdade e que
quedou xenial!!!!.
18 de abril de 2013
CONTACONTOS EN SARDOMA
Debido á conmemoración do día do libro, este ano tivemos a sorte de contar cos avós de Pablo, Xulio e Esther (alumno de 4 anos), que viñeron a contarnos unhas historias preciosas.
O avó falounos da catrástrofe do Prestige que ocorreu fai case 11 anos e as súas vivencias como voluntarios recollendo chapapote nas Illas de Ons.
A avoa contounos dous contos moi bonitos: "A carapuchiña vermella "e "A ratiña presumida", tod@s @s nen@s estaban abraiados cos seus relatos!!!!
5 de abril de 2013
EDUCACIÓN VIAL
Hoxe @s nen@s tivemos unha actividade onde as bicis, motos, coches e patíns foron os protagonistas. Pasamos un rato moi divertido!!!!!!.
Algúns nen@s fixeron de peóns coa axuda dos profes Uxio e Diana:
Outros nen@s fixeron de policías e puseron o tráfico a raia:
E o resto conduciron polas rúas do cole: